Publicacións

Artistas galegas contemporáneas

Imaxe
Mulleres galegas que fan arte. Trátase de artistas que asentaron a súa carreira na segunda metade do século XX ou no presente século. Tamara Feijoo, La imagen fantasma 1 , 2016, papel/gofrado/esmalte sobre muro, 42 x 33 cm   Tamara Feijoo (Ourense, 1982) - web da artista Amaya González Reyes (Sanxenxo, 1979) - web en cargocollective Menchu Lamas (Vigo, 1954) - Exposición "Memoria del color" (catálogo en PDF ). Metrópolis dedicado a Menchu Lamas (2019). Celeste Garrido (Marín, 1982) - Ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. Exposición no MARCO.  Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) - "...construye situaciones a partir de textos, de la palabra escrita o hablada, del lenguaje y de los silencios."  Exposición no MARCO. Ana Pérez Ventura (Santiago, 1981) - web da artista , entrevista en Zig Zag Diario, cuadernos de artista (vídeo co proceso creativo dunha das súas obras).     MUSE...

A cor do feminismo

Imaxe
Hai varias teorías. A máis absurda é a que afirma que se escolleu esta cor porque o morado é o resultado da mestura do rosa e do azul. A teoría máis plausible, baixo o meu punto de vista, é a que ten a súa orixe na historia da Unión Social e Política de Mulleres de Inglaterra, que a principios do século XX adoptou as cores morada, branca e verde como sinal de identidade visual. Velaquí unha pequena presentación sobre o tema.    No Museo de Londres gárdanse moitos obxectos relacionados coas Suffragettes , entre eles unha medalla por unha folga de fame dunha delas, coa tricolor morada, branca e vermella. Por motivos aínda non moi craros, o verde e o branco despareceron, e nos 60 e 70 as feministas adoptaron o morado como símbolo e identidade visual.

Elementos básicos: o punto

Imaxe
  Para crear unha imaxe, os elementos gráficos básicos son:  o punto a liña o plano Nesta entrada falamos do punto . Que tamaño pode ter, que forma...     ACTIVIDADE Divide unha folla en dúas partes iguais (dous A5) e fai dous rectángulos. Dimensións: 100x150 mm. No primeiro rectángulo, debuxa polo menos 18 puntos, de diferentes tamaños, formas e cores. No segundo rectángulo, debuxa unha composición empregando a técnica do puntillismo. Utiliza rotuladores de cores.

Harmonías cromáticas

Unha harmonía cromática é a relación equilibrada entre dúas ou máis cores. Existen diversas series de relacións harmónicas, pero podemos destacar dous grupos fundamentais: harmonías de cores afíns e harmonías de cores complementarias . As harmonías de afíns establécense con tons próximos no círculo cromático, nun cuarto deste, aproximadamente. Poden ser puras ou con diferentes graos de saturación e valor. As harmonías de complementarias chámanse tamén contrastes harmónicos, e están formadas por primarias e secundarias opostas. Poden ser puras ou con diferentes graos de saturación e valor   ACTIVIDADE Busca tres imaxes (obras de arte, anuncios, fotografías...) que presenten unha harmonía de afíns, e outras tres que empreguen unha harmonía de complementarias.

De hexágonos a cubos sombreados

Imaxe
    Neste exercicio:  practicaremos o debuxo de hexágonos regulares  transformaremos os hexágonos en cubos, dando a sensación de volume: aplicaremos diferentes valores, tanto de grises como de cor, empregando grafito e lapis de cores.

Unha composición suprematista

Imaxe
  Kazimir Malevich, Aeroplano voando (1915) O Suprematismo (en ruso: Супремати́зм) foi un movemento artístico de principios do século XX.  Desenvolvido en Rusia entre 1913 e a década dos 20, o suprematismo foi un dos movementos de vangarda que xurdiron na época da Primeira Guerra Mundial e da Revolución Soviética.  Centrándose na expresión do sentimento puro a través de formas xeométricas sinxelas como cadrados, círculos, rectángulos e liñas, os artistas do Suprematismo crearon obras de arte nas que estas formas se pintaban utilizando unha gama de cores moi restrinxida. O termo suprematismo refírese a unha arte abstracta baseada na "supremacía do sentimento artístico puro", rexeitando a representación visual de obxectos. Kazimir Malevich inventou o Suprematismo: "En 1913, intentando desesperadamente liberar a arte do lastre do mundo da representación, busquei refuxio na forma do cadrado".   Olga Rozanova, Non Objective Composition Suprematism (1916...

Letras raiadas

Imaxe
  Deseña as túas iniciais con rectas paralelas, usando escuadro e cartabón.   Instrucións 1. Debuxa 3 rectángulos de 100x60 mm, separados 20 mm. 2. Debuxa a lapis as túas iniciais, con regra, e compás se o necesitas. 3. Enche cada letra con paralelas, separadas 4 mm entre elas. A primeira, con horizontais, a segunda con verticais, e a terceira con liñas a 45 graos. 4. Repasa as rectas co rotulador Pigment Liner. 5. Enche as franxas entre rectas con cores. Emprega 3 cores diferentes, alternas, marcando un ritmo A-B-C-A-B-C-...  

Ritmo ondulado, ritmo crecente

Imaxe
Presentación sobre a composición e o ritmo compositivo:   Nesta lámina vas crear unha composición que combine dous tipos de ritmos: ritmo ondulado e ritmo crecente. Debes empregar dous tipos de figuras: triángulos equiláteros e cadrados, distribuídos segundo o esquema compositivo que elixas. Os cadrados e triángulos poden ter diferentes tamaños, pero deben ser polígonos regulares. É importante que estean perfectamente construídos. Debuxa un rectángulo de 160x200 mm. Este é o formato, dentro del farás a túa composición. Na composición debe haber como mínimo 10 figuras (5 triángulos e 5 cadrados). O lado dos polígonos será de 30 mm ou maior. As figuras poden solaparse, e poden ter diferentes tamaños, ou ser iguais. Despois de debuxalas, repasa o contorno co teu rotulador calibrado, e enche as figuras coas cores que elixas. Enche o resto do formato, o espazo que rodea as figuras, con liñas onduladas, inspirándote neste cadro da pintora británica Bridget Riley.    Bridge...

Deseño con espirais

Imaxe
  Cutaway of a nautilus shell   Neste traballo debes crear unha composición mediante espirais de tres e de catro centros.    PASOS Traza unha circunferencia de 180 mm de diámetro. Ese é o formato. As túas espirais deben quedar dentro do formato.  Debuxa un triángulo equilátero de 10 mm de lado, nun lugar calquera do formato. Partindo do triángulo, e alongando os seus lados, traza espirais de tres centros ata encher o formato. Debuxa un cadrado de 10 mm de lado, noutra parte do formato. Partindo do cadrado, e alongando os seus lados, traza espirais de catro centros ata encher o formato. Estas espirais poden cruzarse coas que fixeches antes. Podes engadir máis espirais, ou outras figuras xeométricas. Colorea e traza liñas, ata obter un resultado que sexa o máis orixinal e creativo posible.     Como entregar a tarefa 1. Entra na Aula Virtual, preme no botón Engadir entrega , e envía a imaxe da lámina escaneada. 2. No cadro Texto en liña , CITA ...

Composicións con estrelas

Imaxe
 Nesta lámina traballaremos dous contidos: a composición a construción de pentágonos regulares inscritos Compoñer é distribuír no formato dunha imaxe os elementos que a forman. Existen moitas formas de compoñer, e hai varios esquemas compositivos que nos poden axudar á hora de decidir como colocamos os elementos que forman unha imaxe, xa sexa esta un cadro, unha fotografía, un vídeo... Algúns esquemas compositivos básicos son: simetría composición radial composición en L composición diagonal   

Cambiando as cores transformamos imaxes

Imaxe
  Unha imaxe pode adquirir un significado diferente simplemente manipulando as súas cores. Observa este debuxo dunha paisaxe.   Se agora cambiamos cada cor pola súa complementaria, mantendo o mesmo debuxo, este é o resultado.     TAREFA   - Busca dúas fotos (ou cadros ou ilustracións) de paisaxes que te chamen a atención polas súas cores. Deben ter moita variedade cromática. Gárdaas. - Debuxa na túa lámina o recadro para os teus datos, e logo dous rectángulos, de 100x150 mm cada un. - Debuxa neses rectángulos as paisaxes das fotos que gardaches, intentando que os debuxos se parezan ás imaxes orixinais, aínda que non é necesario moito detalle. - Colorea os debuxos: Nun deles, cambia cada cor da foto orixinal pola súa complementaria . No outro debuxo, cambia as cores orixinais, e reduce o seu número, colorea empregando soamente tres cores análogas (próximas no círculo cromático). Escribe baixo cada imaxe o título COMPLEMENTARIAS ou ANÁLOGAS, segundo corresponda. ...

Combinando cores

Imaxe
 Nesta tarefa imos traballar coas cores e diferentes formas de combinalas. Antes de realizar a tarefa, vexamos a seguinte presentación, na que está explicado o que necesitas para poder facer o traballo.         Na web de Canva tes un círculo cromático interactivo no que podes facer moi facilmente combinacións de cores. Agora que xa coñeces un pouco máis sobre a cor, imos coa tarefa. No mundo do Deseño Gráfico, utilízase o contraste de cores para chamar a atención e favorecer a visibilidade de deseños publicitarios, de logotipos ou de sinais. Esta tarefa consiste en deseñar un isotipo para un restaurante e probar varias combinacións de cores. O deseño basearase en figuras xeométricas simples. Pode ser figurativo ou abstracto. Fai varios bosquexos ata que esteas conforme co deseño. Infórmate: que é un isotipo? PASOS PARA REALIZAR A TAREFA Prepara unha lámina con catro recadros iguais, de 70x70 mm, deixando espazos de 20 mm entre eles. Unha vez decidido o dese...

Texturas táctiles, texturas visuais

Imaxe
Presentación sobre as texturas e a técnica da Frottage .     Presentation in English:    Vídeo para inspirarte na creación de texturas gráficas: Como debuxar texturas / How to draw Textures . E na seguinte presentación podes ver, paso a paso, como preparar a lámina. Practicamos tamén nela o debuxo de hexágonos regulares inscritos en circunferencias.  

Elementos básicos: no estilo de Sonia Delaunay

Imaxe
Imos realizar unha actividade empregando os tres tipos básicos de elementos visuais: os puntos, as liñas e os planos. Farémolo creando unha composición no estilo das obras da artista Sonia Delaunay , nas que exploraba a abstracción, empregando a xeometría e a cor. Despois de ver a presentación, xa podes realizar a túa composición.   INSTRUCIÓNS     Debuxa un rectángulo. Dimensións: 210x150 mm.     Divide o rectángulo en tres partes iguais, cada unha delas debe ter 70 mm de ancho.     Usando regra e compás, debuxa unha composición ao estilo das obras de Delaunay. Os elementos principais deben ser círculos concéntricos, e algunhas liñas rectas deben cruzar os círculos.     No terzo esquerdo, colorea a túa composición con puntos.     No terzo medio, colorea a túa composición usando liñas.     No terzo dereito, colorea a túa composición usando planos.

Stop Motion

Imaxe
  Que é o Stop Motion? O Stop Motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de fotografías sucesivas. As animacións stop motion non son debuxos animados, nin tampouco son animacións por ordenador, senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade. Consiste en ir movendo os obxectos, sacar unha foto, volver movelos un pouco, sacar outra foto, etc. É un proceso moi laborioso, xa que se necesitan como mínimo 10 ou 12 fotogramas para obter un segundo de película.     ACTIVIDADE A vosa actividade consiste en gravar un vídeo coa técnica chamada Stop Motion. No vídeo aparecerán as letras que forman os nomes (sen apelidos) dos compoñentes do equipo, e algún outro elemento que lle aporte algo máis de acción. En equipos de 2 ou 3 persoas. Debuxade, coloreade e recortade letras para formar os vosos nomes. Engadide outros elementos ao set como unhas tesoiras, uns lapis, foll...

Estrela cromática

Imaxe
  Farbenkugel VII   Debuxa unha estrela de 12 puntas, e fai divisións interiores seguindo o esquema da seguinte imaxe.      O debuxo da estrela en proceso:     Colorea a estrela con témperas, con acuarelas, ou con lapis de cores (neste caso, mellor se son acuarelables). Cada sector dunha cor, con catro valores.   PASOS A SEGUIR 1. Traza 5 circunferencias concéntricas, de 15, 30, 45, 60 e 75 mm de radio. 2. Divide as circunferencias en 12 partes iguais.  3. Traza as liñas que faltan ata completar a forma da estrela.  4. Colorea con lapis, empregando a máxima saturación no segundo anel. 5. Emprega o negro nas puntas, facendo que as cores se escurezan. Consigue os valores máis claros no anel interior, pintando con moi pouca presión.

Deseña unha táboa de skate

Imaxe
Deseña a decoración das dúas caras dunha táboa de skate. Cara inferior: composición abstracta. Debes empregar elementos xeométricos. O teu deseño debe conter, cando menos, dous óvalos, un ovoide e unha espiral. Cara superior: composición simétrica e figurativa. Non hai que facer as rodas. Facer dúas propostas de cada cara (bosquexos) e elixir unha. Colorear con lapis de cor ou rotuladores. Medidas segundo a imaxe.

Cianotipia

Imaxe
Cianotipia, unha técnica fotográfica moi antiga que pode converterse nunha actividade #STEAM para 3º e 4º da ESO. Podemos integrar EPVA, Fotografía, Artes, Ciencias, Química, Física...   Algas A cianotipia foi inventada en 1842. Un ano máis tarde, a fotógrafa Anna Atkins usa o método para obter imaxes de algas.  Publicounas nun libro, que foi o primeiro ilustrado a base de fotografías.     Blueprints Durante décadas, arquitectos e enxeñeiros utilizaron a cianotipia para reproducir planos de debuxo técnico, chamados «blueprints» pola característica cor azul de Prusia (tan coñecida polos pintores) que lles confire o proceso químico.        Cianotipia e Arte A cianotipia hai moito tempo que foi superada por técnicas máis avanzadas. Pero pode ser unha interesante ferramenta para a experimentación artística. Un exemplo: esta obra de Christian Marclay (Allover, 2008).    Tarefa - Busca información sobre o proceso que podes seguir hoxe en día ...

Finalidade das imaxes: de Gombrich á LOMLOE

Imaxe
FINALIDADE DAS IMAXES: DE GOMBRICH Á LOMLOE   Thomas Hawk, Joy . Licenza cc-by-nc. As imaxes créanse para algo As imaxes sempre se crean con algunha finalidade (obxectivo, intención, motivación). Na ESO, en EPVA, explicamos as diferentes finalidades e ensinamos ao alumnado a que as distinga.   De onde sae todo isto das finalidades das imaxes?  O primeiro que atopei como máis probable foi que veña de extrapolar á linguaxe visual a teoría sobre a comunicación verbal de Roman Jakobson . Jakobson formula o seu coñecidísimo modelo da teoría da comunicación, que tamén contamos, en varias materias e cursos, segundo o cal, o proceso de comunicación lingüística implica seis factores: contexto, emisor, mensaxe, receptor, código e canle.      Este modelo permite establecer seis funcións esenciais da linguaxe. Cada unha destas funcións está directamente relacionada cun dos seis factores do modelo anterior. As funcións da linguaxe son: emotiva, conativa, referenci...

Un cómic incompleto

Imaxe
  DE QUE TRATA ESTA TAREFA? Debes debuxar un cómic, a partir dun cómic incompleto, completando as viñetas que faltan. O teu cómic debe ter diálogos, e pode tamén ter onomatopeas, e liñas cinéticas. COMO REALIZO A TAREFA? Prepara a túa lámina, e escribe o teu nome, curso e data. Coloca a lámina en posición vertical. Debuxa un rectángulo de 144 mm de largo por 188 mm de alto. Divide o rectángulo para obter seis viñetas. Deixa 4 mm de espazo entre viñetas. Podes ver nesta ligazón a forma de organizar a lámina. Copia as tres viñetas da historieta da serie Peanuts nas tres primeiras viñetas da túa lámina. Completa os diálogos das tres primeiras viñetas e continúa a historia nas tres seguintes. Pon un título na parte superior. Repasa con rotulador negro as liñas das viñetas e os debuxos. Escribe os textos dos diálogos en letras maiúsculas. Podes colorear o teu cómic.