Elementos básicos: o punto
Para crear unha imaxe, os elementos gráficos básicos son:
- o punto
- a liña
- o plano
Nesta entrada falamos do punto. Que tamaño pode ter, que forma...
ACTIVIDADE
- Divide unha folla en dúas partes iguais (dous A5) e fai dous rectángulos. Dimensións: 100x150 mm.
- No primeiro rectángulo, debuxa polo menos 18 puntos, de diferentes tamaños, formas e cores.
- No segundo rectángulo, debuxa unha composición empregando a técnica do puntillismo. Utiliza rotuladores de cores.
Comentarios