Combinando cores
Nesta tarefa imos traballar coas cores e diferentes formas de combinalas.
Antes de realizar a tarefa, vexamos a seguinte presentación, na que está explicado o que necesitas para poder facer o traballo.
Na web de Canva tes un círculo cromático interactivo no que podes facer moi facilmente combinacións de cores.
Agora que xa coñeces un pouco máis sobre a cor, imos coa tarefa.
No mundo do Deseño Gráfico, utilízase o contraste de cores para chamar a atención e favorecer a visibilidade de deseños publicitarios, de logotipos ou de sinais.
Esta tarefa consiste en deseñar un isotipo para un restaurante e probar varias combinacións de cores. O deseño basearase en figuras xeométricas simples. Pode ser figurativo ou abstracto. Fai varios bosquexos ata que esteas conforme co deseño.
Infórmate: que é un isotipo?
PASOS PARA REALIZAR A TAREFA
- Prepara unha lámina con catro recadros iguais, de 70x70 mm, deixando espazos de 20 mm entre eles.
- Unha vez decidido o deseño, copiao a lapis en cada un dos recadros da lámina, procurando que os catro debuxos sexan iguais.
- Colorea cada un dos deseños cun esquema de cores diferente.
- Un debuxo monocromático, con dúas tonalidade da mesma cor.
- Unha parella de cores complementarias.
- Tres cores análogas (cercanas no círculo cromático): unha cor primaria, unha secundaria non oposta, e a cor terciaria entre elas.
- Cores variadas, ao teu gusto.
- Escribe debaixo de cada recadro o nome do esquema de cor empregado: monocromático, complementarias, análogas, variadas.
No seguinte exemplo podes entender mellor como podes colorear cada un dos debuxos.
Comentarios