Nesta tarefa imos traballar coas cores e diferentes formas de combinalas. Antes de realizar a tarefa, vexamos a seguinte presentación, na que está explicado o que necesitas para poder facer o traballo. Na web de Canva tes un círculo cromático interactivo no que podes facer moi facilmente combinacións de cores. Agora que xa coñeces un pouco máis sobre a cor, imos coa tarefa. No mundo do Deseño Gráfico, utilízase o contraste de cores para chamar a atención e favorecer a visibilidade de deseños publicitarios, de logotipos ou de sinais. Esta tarefa consiste en deseñar un isotipo para un restaurante e probar varias combinacións de cores. O deseño basearase en figuras xeométricas simples. Pode ser figurativo ou abstracto. Fai varios bosquexos ata que esteas conforme co deseño. Infórmate: que é un isotipo? PASOS PARA REALIZAR A TAREFA Prepara unha lámina con catro recadros iguais, de 70x70 mm, deixando espazos de 20 mm entre eles. Unha vez decidido o dese...
Presentación sobre as texturas e a técnica da Frottage . Presentation in English: Vídeo para inspirarte na creación de texturas gráficas: Como debuxar texturas / How to draw Textures . E na seguinte presentación podes ver, paso a paso, como preparar a lámina. Practicamos tamén nela o debuxo de hexágonos regulares inscritos en circunferencias.
Divide unha lámina DIN A4 en nove espazos. Debuxa en cada un deles unha letra xigante (do maior tamaño posible) e logo dálle volume empregando a perspectiva cabaleira , mediante liñas a 45 graos. Colorea as letras con rotuladores de cor. Traballos do alumnado do curso 2018-2019:
Comentarios