Composicións con estrelas

 Nesta lámina traballaremos dous contidos:

  • a composición
  • a construción de pentágonos regulares inscritos

Compoñer é distribuír no formato dunha imaxe os elementos que a forman.

Existen moitas formas de compoñer, e hai varios esquemas compositivos que nos poden axudar á hora de decidir como colocamos os elementos que forman unha imaxe, xa sexa esta un cadro, unha fotografía, un vídeo...

Algúns esquemas compositivos básicos son:

  • simetría
  • composición radial
  • composición en L
  • composición diagonal 

 

English version:

 In this sheet we will work on two contents:

  •      the composition
  •      the construction of regular inscribed pentagons

To compose is to distribute in the format of an image the elements that form it.

There are many ways to compose, and there are several compositional schemes that can help us decide how to place the elements that make up an image, be it a painting, a photograph, a video ...

Some basic compositional schemes are:

  •      symmetry
  •      radial composition
  •      L-shaped composition
  •      diagonal composition

 

ACTIVIDADE

Divide unha lámina en catro partes, e pon o nome do esquema que vas empregar en cada unha delas.

Fai catro composicións diferentes a partir dos mesmos elementos:

  • unha estrela de cinco puntas
  • dez triángulos escalenos

Cando remates, repasa a estrela co Pigment Liner e colorea as figuras con rotuladores.

Para facer a estrela, tes que facer primeiro un pentágono regular inscrito nunha circunferencia. Podes velo no vídeo máis abaixo.

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores