Unha composición suprematista

 

Kazimir Malevich, Aeroplano voando (1915)

O Suprematismo (en ruso: Супремати́зм) foi un movemento artístico de principios do século XX. 

Desenvolvido en Rusia entre 1913 e a década dos 20, o suprematismo foi un dos movementos de vangarda que xurdiron na época da Primeira Guerra Mundial e da Revolución Soviética. 

Centrándose na expresión do sentimento puro a través de formas xeométricas sinxelas como cadrados, círculos, rectángulos e liñas, os artistas do Suprematismo crearon obras de arte nas que estas formas se pintaban utilizando unha gama de cores moi restrinxida.

O termo suprematismo refírese a unha arte abstracta baseada na "supremacía do sentimento artístico puro", rexeitando a representación visual de obxectos.

Kazimir Malevich inventou o Suprematismo: "En 1913, intentando desesperadamente liberar a arte do lastre do mundo da representación, busquei refuxio na forma do cadrado".

 

Olga Rozanova, Non Objective Composition Suprematism (1916)  

 

ACTIVIDADE

Fai unha composición suprematista empregando figuras xeométricas debuxadas con escuadro, cartabón e compás, e coloreadas con cores limitadas.

 

PASOS

1. Debuxa un rectángulo de 240 x 180 mm (este é o formato).

2. Crea dentro do formato unha composición, cos seguintes elementos:

  • 4 rectángulos de 20x70 mm
  • 1 rectángulo de 15x90 mm
  • 1 rombo, lado = 25 mm, diagonal = 45 mm
  • 1 romboide, de lados 25 e 70 mm, formando 60 graos.
  • 2 cadrados, de 25, e 35 mm de lado respectivamente
  • 1 círculo de 20 mm de radio

3. As figuras deben estar dispostas segundo dúas direccións diagonais, que formen 90 graos ente elas. Os ángulos desas direccións diagonais cos lados do formato serán de 30 graos e 60 graos, respectivamente.

4. Repasa os contornos co rotulador Pigment Liner.

5. Enche as figuras con cores «suprematistas». Emprega só 4 cores.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores