Deseño con espirais

 

Cutaway of a nautilus shell


 

Neste traballo debes crear unha composición mediante espirais de tres e de catro centros. 

 

PASOS

  1. Traza unha circunferencia de 180 mm de diámetro. Ese é o formato. As túas espirais deben quedar dentro do formato. 
  2. Debuxa un triángulo equilátero de 10 mm de lado, nun lugar calquera do formato.
  3. Partindo do triángulo, e alongando os seus lados, traza espirais de tres centros ata encher o formato.
  4. Debuxa un cadrado de 10 mm de lado, noutra parte do formato.
  5. Partindo do cadrado, e alongando os seus lados, traza espirais de catro centros ata encher o formato. Estas espirais poden cruzarse coas que fixeches antes.
  6. Podes engadir máis espirais, ou outras figuras xeométricas.
  7. Colorea e traza liñas, ata obter un resultado que sexa o máis orixinal e creativo posible.

 

 

Como entregar a tarefa

1. Entra na Aula Virtual, preme no botón Engadir entrega, e envía a imaxe da lámina escaneada.

2. No cadro Texto en liña, CITA tres exemplos de espirais que estean presentes na Natureza.

3. Para rematar, preme no botón Gardar os cambios, e preme no botón «Entregar tarefa» para confirmar a entrega.

 

INFORMACIÓN

Como debuxar unha espiral de tres centros:

 

 

  

Como debuxar unha espiral de catro centros:

 

Exemplos realizados por alumnado de 3.º da ESO: 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores