Un cómic incompleto

 

DE QUE TRATA ESTA TAREFA?

Debes debuxar un cómic, a partir dun cómic incompleto, completando as viñetas que faltan. O teu cómic debe ter diálogos, e pode tamén ter onomatopeas, e liñas cinéticas.


COMO REALIZO A TAREFA?

  1. Prepara a túa lámina, e escribe o teu nome, curso e data.
  2. Coloca a lámina en posición vertical. Debuxa un rectángulo de 144 mm de largo por 188 mm de alto.
  3. Divide o rectángulo para obter seis viñetas. Deixa 4 mm de espazo entre viñetas. Podes ver nesta ligazón a forma de organizar a lámina.
  4. Copia as tres viñetas da historieta da serie Peanuts nas tres primeiras viñetas da túa lámina.
  5. Completa os diálogos das tres primeiras viñetas e continúa a historia nas tres seguintes.
  6. Pon un título na parte superior.
  7. Repasa con rotulador negro as liñas das viñetas e os debuxos.
  8. Escribe os textos dos diálogos en letras maiúsculas.
  9. Podes colorear o teu cómic.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores