Elementos básicos: no estilo de Sonia Delaunay

https://i.pinimg.com/originals/53/e4/2b/53e42b187ba744367cb0cfc4cee7b269.jpg

Imos realizar unha actividade empregando os tres tipos básicos de elementos visuais: os puntos, as liñas e os planos. Farémolo creando unha composición no estilo das obras da artista Sonia Delaunay, nas que exploraba a abstracción, empregando a xeometría e a cor.



Despois de ver a presentación, xa podes realizar a túa composición.

 

INSTRUCIÓNS


  1.     Debuxa un rectángulo. Dimensións: 210x150 mm.
  2.     Divide o rectángulo en tres partes iguais, cada unha delas debe ter 70 mm de ancho.
  3.     Usando regra e compás, debuxa unha composición ao estilo das obras de Delaunay. Os elementos principais deben ser círculos concéntricos, e algunhas liñas rectas deben cruzar os círculos.
  4.     No terzo esquerdo, colorea a túa composición con puntos.
  5.     No terzo medio, colorea a túa composición usando liñas.
  6.     No terzo dereito, colorea a túa composición usando planos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores