A cor do feminismo
Hai varias teorías. A máis absurda é a que afirma que se escolleu esta cor porque o morado é o resultado da mestura do rosa e do azul. A teoría máis plausible, baixo o meu punto de vista, é a que ten a súa orixe na historia da Unión Social e Política de Mulleres de Inglaterra, que a principios do século XX adoptou as cores morada, branca e verde como sinal de identidade visual.
Velaquí unha pequena presentación sobre o tema.
No Museo de Londres gárdanse moitos obxectos relacionados coas Suffragettes, entre eles unha medalla por unha folga de fame dunha delas, coa tricolor morada, branca e vermella.
Por motivos aínda non moi craros, o verde e o branco despareceron, e nos 60 e 70 as feministas adoptaron o morado como símbolo e identidade visual.
Comentarios