Deseña unha táboa de skate
Deseña a decoración das dúas caras dunha táboa de skate.
- Cara inferior: composición abstracta. Debes empregar elementos xeométricos.
- O teu deseño debe conter, cando menos, dous óvalos, un ovoide e unha espiral.
- Cara superior: composición simétrica e figurativa.
Non hai que facer as rodas.
Facer dúas propostas de cada cara (bosquexos) e elixir unha.
Colorear con lapis de cor ou rotuladores.
Medidas segundo a imaxe.
Comentarios