Ritmo ondulado, ritmo crecente
Presentación sobre a composición e o ritmo compositivo:
Nesta lámina vas crear unha composición que combine dous tipos de ritmos: ritmo ondulado e ritmo crecente. Debes empregar dous tipos de figuras: triángulos equiláteros e cadrados, distribuídos segundo o esquema compositivo que elixas.
Os cadrados e triángulos poden ter diferentes tamaños, pero deben ser polígonos regulares. É importante que estean perfectamente construídos.
Debuxa un rectángulo de 160x200 mm. Este é o formato, dentro del farás a túa composición.
Na composición debe haber como mínimo 10 figuras (5 triángulos e 5 cadrados). O lado dos polígonos será de 30 mm ou maior. As figuras poden solaparse, e poden ter diferentes tamaños, ou ser iguais.
Despois de debuxalas, repasa o contorno co teu rotulador calibrado, e enche as figuras coas cores que elixas.
Enche o resto do formato, o espazo que rodea as figuras, con liñas onduladas, inspirándote neste cadro da pintora británica Bridget Riley.
Bridget Riley, Streak 2 (1979) |
Comentarios