Estrela cromática

 Farbenkugel VII

 

Debuxa unha estrela de 12 puntas, e fai divisións interiores seguindo o esquema da seguinte imaxe. 

 

 

O debuxo da estrela en proceso:
 

 


Colorea a estrela con témperas, con acuarelas, ou con lapis de cores (neste caso, mellor se son acuarelables). Cada sector dunha cor, con catro valores.

 

PASOS A SEGUIR

1. Traza 5 circunferencias concéntricas, de 15, 30, 45, 60 e 75 mm de radio.

2. Divide as circunferencias en 12 partes iguais. 

3. Traza as liñas que faltan ata completar a forma da estrela. 

4. Colorea con lapis, empregando a máxima saturación no segundo anel.

5. Emprega o negro nas puntas, facendo que as cores se escurezan. Consigue os valores máis claros no anel interior, pintando con moi pouca presión.

Comentarios