Publicacións

Composicións con estrelas

Imaxe
 Nesta lámina traballaremos dous contidos: a composición a construción de pentágonos regulares inscritos Compoñer é distribuír no formato dunha imaxe os elementos que a forman. Existen moitas formas de compoñer, e hai varios esquemas compositivos que nos poden axudar á hora de decidir como colocamos os elementos que forman unha imaxe, xa sexa esta un cadro, unha fotografía, un vídeo... Algúns esquemas compositivos básicos son: simetría composición radial composición en L composición diagonal   

Cambiando as cores transformamos imaxes

Imaxe
  Unha imaxe pode adquirir un significado diferente simplemente manipulando as súas cores. Observa este debuxo dunha paisaxe.   Se agora cambiamos cada cor pola súa complementaria, mantendo o mesmo debuxo, este é o resultado.     TAREFA   - Busca dúas fotos (ou cadros ou ilustracións) de paisaxes que te chamen a atención polas súas cores. Deben ter moita variedade cromática. Gárdaas. - Debuxa na túa lámina o recadro para os teus datos, e logo dous rectángulos, de 100x150 mm cada un. - Debuxa neses rectángulos as paisaxes das fotos que gardaches, intentando que os debuxos se parezan ás imaxes orixinais, aínda que non é necesario moito detalle. - Colorea os debuxos: Nun deles, cambia cada cor da foto orixinal pola súa complementaria . No outro debuxo, cambia as cores orixinais, e reduce o seu número, colorea empregando soamente tres cores análogas (próximas no círculo cromático). Escribe baixo cada imaxe o título COMPLEMENTARIAS ou ANÁLOGAS, segundo corresponda. ...

Combinando cores

Imaxe
 Nesta tarefa imos traballar coas cores e diferentes formas de combinalas. Antes de realizar a tarefa, vexamos a seguinte presentación, na que está explicado o que necesitas para poder facer o traballo.         Na web de Canva tes un círculo cromático interactivo no que podes facer moi facilmente combinacións de cores. Agora que xa coñeces un pouco máis sobre a cor, imos coa tarefa. No mundo do Deseño Gráfico, utilízase o contraste de cores para chamar a atención e favorecer a visibilidade de deseños publicitarios, de logotipos ou de sinais. Esta tarefa consiste en deseñar un isotipo para un restaurante e probar varias combinacións de cores. O deseño basearase en figuras xeométricas simples. Pode ser figurativo ou abstracto. Fai varios bosquexos ata que esteas conforme co deseño. Infórmate: que é un isotipo? PASOS PARA REALIZAR A TAREFA Prepara unha lámina con catro recadros iguais, de 70x70 mm, deixando espazos de 20 mm entre eles. Unha vez decidido o dese...

Texturas táctiles, texturas visuais

Imaxe
Presentación sobre as texturas e a técnica da Frottage .     Presentation in English:    Vídeo para inspirarte na creación de texturas gráficas: Como debuxar texturas / How to draw Textures . E na seguinte presentación podes ver, paso a paso, como preparar a lámina. Practicamos tamén nela o debuxo de hexágonos regulares inscritos en circunferencias.  

Elementos básicos: no estilo de Sonia Delaunay

Imaxe
Imos realizar unha actividade empregando os tres tipos básicos de elementos visuais: os puntos, as liñas e os planos. Farémolo creando unha composición no estilo das obras da artista Sonia Delaunay , nas que exploraba a abstracción, empregando a xeometría e a cor. Despois de ver a presentación, xa podes realizar a túa composición.   INSTRUCIÓNS     Debuxa un rectángulo. Dimensións: 210x150 mm.     Divide o rectángulo en tres partes iguais, cada unha delas debe ter 70 mm de ancho.     Usando regra e compás, debuxa unha composición ao estilo das obras de Delaunay. Os elementos principais deben ser círculos concéntricos, e algunhas liñas rectas deben cruzar os círculos.     No terzo esquerdo, colorea a túa composición con puntos.     No terzo medio, colorea a túa composición usando liñas.     No terzo dereito, colorea a túa composición usando planos.

Stop Motion

Imaxe
  Que é o Stop Motion? O Stop Motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de fotografías sucesivas. As animacións stop motion non son debuxos animados, nin tampouco son animacións por ordenador, senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade. Consiste en ir movendo os obxectos, sacar unha foto, volver movelos un pouco, sacar outra foto, etc. É un proceso moi laborioso, xa que se necesitan como mínimo 10 ou 12 fotogramas para obter un segundo de película.     ACTIVIDADE A vosa actividade consiste en gravar un vídeo coa técnica chamada Stop Motion. No vídeo aparecerán as letras que forman os nomes (sen apelidos) dos compoñentes do equipo, e algún outro elemento que lle aporte algo máis de acción. En equipos de 2 ou 3 persoas. Debuxade, coloreade e recortade letras para formar os vosos nomes. Engadide outros elementos ao set como unhas tesoiras, uns lapis, foll...

Estrela cromática

Imaxe
  Farbenkugel VII   Debuxa unha estrela de 12 puntas, e fai divisións interiores seguindo o esquema da seguinte imaxe.      O debuxo da estrela en proceso:     Colorea a estrela con témperas, con acuarelas, ou con lapis de cores (neste caso, mellor se son acuarelables). Cada sector dunha cor, con catro valores.   PASOS A SEGUIR 1. Traza 5 circunferencias concéntricas, de 15, 30, 45, 60 e 75 mm de radio. 2. Divide as circunferencias en 12 partes iguais.  3. Traza as liñas que faltan ata completar a forma da estrela.  4. Colorea con lapis, empregando a máxima saturación no segundo anel. 5. Emprega o negro nas puntas, facendo que as cores se escurezan. Consigue os valores máis claros no anel interior, pintando con moi pouca presión.