Publicacións

Materiais e técnicas de debuxo e pintura

Imaxe
tlgragg, Untitled (CC BY-ND) Contidos Na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, o alumnado de 3.º da ESO coñecerá e aplicará as posibilidades expresivas das técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas. De entre a grande variedade de ferramentas, materiais e técnicas existentes, neste curso empregaranse as témperas, o lapis de grafito e de cor, e a colaxe. Lapis de grafito e de cor Utiliza o lapis de grafito e de cor , creando o claroscuro en composicións figurativas e abstractas mediante a aplicación do lapis de forma continua en superficies homoxéneas ou degradadas. Para coñecer a fondo a técnica do lapis de cor, podes visitar  o blog Ilustrando , de Helena García. Témperas Experimenta coas témperas aplicando a técnica de diferentes formas (pinceis, esponxas, goteos, distintos graos de humidade, estampaxes, etc.), valorando as posibilidades expresivas segundo o grao de opacidade e a creación de texturas visuais cromáticas. Papel Utiliza ...

O PROCESO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Imaxe
Como se fixo o cadro Le café , de Pierre Bonnard Pierre Bonnard, Le café (1915) © ADAGP, Paris and DACS, London 2017 Análise da obra O cadro Le café  é un óleo sobre lenzo pintado en 1915 por Pierre Bonnard . Na pintura, móstrase unha mesa desde un ángulo levemente elevado. Está cuberta cun mantel vermello e branco sobre o que se colocaron unha cafeteira, dúas cuncas brancas e unha bandexa para comida. Unha muller vestida de amarelo vivo senta ao outro lado da mesa, tomando unha cunca de café e volvéndose cara a un pequeno can que está con dúas patas sobre a mesa. Unha segunda muller, vestida de azul, inclínase cara a un vaso sobre a mesa. A composición está enmarcada á dereita por un borde decorativo amarelo, vermello e azul; hai un motivo similar nunha banda de cor situada na parede detrás do can. Na parede do fondo aparece un cadro ou tapiz. A paleta está restrinxida casi por completo a vermello, amarelo, azul, branco e marrón. O negro da bandexa contr...

Perspectivas axonométricas: a isometría

Imaxe
Infografía resumo das perspectivas axonométricas. Perspectivas axonométricas Actividade 1 Na seguinte lámina danche as vistas en diédrico de dúas pezas. Tes que debuxar a perspectiva isométrica de cada unha desas pezas. Lámina para resolver (PDF) e lámina resolta (PDF) . Actividade 2: facer unha isometría en LibreCAD Descarga no teu ordenador este arquivo DXF . Abre o DXF con LibreCAD. Crea unha nova capa chamada «Solución» (mira máis abaixo «Crear unha nova capa»). Selecciona esa capa «Solución», para debuxar nela. Selecciona a grella isométrica, en Editar –> Propiedades del dibujo actual –> Rejilla Debuxa a perspectiva isométrica da peza dada. Pon o teu nome e apelido na lámina, no recadro correspondente. Imprime a folla nun PDF (mira máis abaixo «Como obter un PDF do debuxo»). Sube o PDF a Edmodo. Crear unha nova capa No cadro «Lista de capas» dálle ao signo «mái...

Elaboramos unha animación

Imaxe
Co obxectivo de coñecer os fundamentos da imaxe en movemento e explorar as súas posibilidades expresivas, imos ver como se elabora unha animación con medios dixitais e/ou analóxicos. Chámase animación ao proceso de dar a ilusión de movemento mediante unha serie de imaxes que apenas se diferencian entre elas e que son proxectadas a gran velocidade. Para dar sensación de movemento natural, o cinema tradicional emprega 24 fotogramas por cada segundo de película ( frames per second en inglés, ou FPS). Cada fotograma aparece en pantalla 1/24 =  0,0417 segundos. Pódese facer animación con velocidades FPS menores. O debuxo animado tradicional faise debuxando os fotogramas un a un, nun proceso moi laborioso. Hoxe en día, os ordenadores facilitan en parte o labor dos debuxantes de animación. Cámara rápida A técnica de cámara rápida (time lapse en inglés) consiste en proxectar unha película ou video a unha velocidade moito maior que a velocidade á que foron grabadas ori...

Trazado das vistas de pezas sinxelas

Actividade Aprender a trazar as vistas en Sistema Diédrico de pezas sinxelas. Propóñense varios exercicios nas seguintes láminas. Lámina núm. 1 Lámina núm. 2  (Ligazóns a arquivos PDF, abren en nova ventá)

CAD: Deseño asistido por ordenador

Imaxe
Imaxe: Raulshc, LibreCAD Pentagon , CC BY-SA. Que significa CAD? Chámanse CAD as aplicacións que serven para debuxar con precisión xeométrica no ordenador. Os programas de CAD son os sustitutos dixitais do escuadro, do cartabón e do compás. CAD son as siglas de Computer Aided Design , é dicir, Deseño Asistido por Ordenador. Hai dúas grandes categorías de CAD: CAD para traballar en dúas dimensións (2D). Exemplo: LibreCAD. CAD para traballar en tres dimensións (3D). Exemplo: FreeCAD. Se queres coñecer algúns programas de CAD gratuitos, podes velos nesta entrada deste mesmo blog: Os mellores programas de CAD gratuitos para ESO e Bacharelato . Actividade Abre a aplicación LibreCAD. Descarga o PDF coas actividades propostas ( ligazón ao documento ) e fai os exercicios. Tes que enviar os exercicios 6 e 7, co teu nome neles, en formato PNG. Titoriais en video Crea...

O cinema e a linguaxe cinematográfica

Imaxe
Julia Sergina, Cinema O cinema é arte, linguaxe e medio de comunicación. O cinema fala por medio das imaxes, dos encadramentos, da palabra falada, dos efectos especiais, da montaxe, da cor e dos sons. A linguaxe do cinema baséase na fotografía, na música, na literatura, no cómic e en todos os fenómenos artísticos. Da mesma forma, o cinema inflúe nas demais artes, achegando as súas formas de expresión. O cinema exprésase de múltiples e variadas maneiras, constituíndo así a linguaxe cinematográfica. A linguaxe do cinema parte fundamentalmente de catro elementos básicos: a selección de partes de realidade os movementos a montaxe o son (Texto de Enrique Martínez-Salanova, extraido da web El lenguaje del cine ). No seguinte video podes ver un programa sobre a linguaxe do cinema, realizado pola ONCE. Explícanse conceptos coma plano, escena, fundido, travelling...     Tamén se explican os conceptos de plano, escena, secuencia... nestoutro vídeo da canle Of...