O cinema e a linguaxe cinematográfica
Julia Sergina, Cinema |
A linguaxe do cinema baséase na fotografía, na música, na literatura, no cómic e en todos os fenómenos artísticos. Da mesma forma, o cinema inflúe nas demais artes, achegando as súas formas de expresión.
O cinema exprésase de múltiples e variadas maneiras, constituíndo así a linguaxe cinematográfica.
A linguaxe do cinema parte fundamentalmente de catro elementos básicos:
- a selección de partes de realidade
- os movementos
- a montaxe
- o son
(Texto de Enrique Martínez-Salanova, extraido da web El lenguaje del cine).
No seguinte video podes ver un programa sobre a linguaxe do cinema, realizado pola ONCE. Explícanse conceptos coma plano, escena, fundido, travelling...
Tamén se explican os conceptos de plano, escena, secuencia... nestoutro vídeo da canle Officium: https://youtu.be/-OyIULeecwA
E, na mesma canle de YouTube, este vídeo explicando os encadramentos, angulacións de cámara e outros conceptos básicos: https://youtu.be/CmPg9POBvV0
Actividade 1
Imos xogar un Kahoot sobre o que aprendestes no primeiro vídeo. Preparade os vosos móbiles!
Actividade 2
No seguinte video verás unha escena moi famosa do clásico filme 2001: Unha odisea do espazo (1968).
Tras ver o video, realiza as seguintes tarefas:
- Elabora un storyboard cos 11 primeiros planos desta escena, un por un, indicando debaixo de cada un a angulación e o encadramento. Emprega este modelo.
- Podes dar unha explicación do que o autor do filme quixo dicir con esta escena?
Modelo para Storyboard |
A montaxe cinematográfica
Chámase montaxe a acción de seleccionar, ordenar e combinar os planos e as escenas dun filme. A montaxe ten moita importancia na elaboración dun filme, sendo un do aspectos máis importantes que caracterizan a linguaxe cinematográfica.
Actividade 3
Busca información sobre o Efecto Kuleshov. En YouTube hai varios exemplos, coma este video, que recolle tres escenas feitas, combinando os planos dunha rapaza que vai pola rúa con planos de tres situacións diferentes. Trátase de establecer que pode pensar o espectador en cada unha delas.Ligazóns interesantes
Telling your story: using film language.