Debuxando figuras imposibles

Bird in the Cage
Vlad Alexeev, Bird in the Cage (2015)


Unha figura imposible é un tipo de ilusión óptica. Consiste nunha imaxe dun obxecto, en apariencia ben construído, pero que, despois de observalo un rato, resulta evidente que sería imposible que existise na realidade.

A natureza inquietante dos obxectos imposibles prodúcese por mor do noso desexo natural de interpretar debuxos en 2D como obxectos tridimensionais. É por iso que o debuxo dun cubo de Necker é máis probable velo como un cubo, máis que "dous cadrados conectados con liñas diagonais, un cadrado rodeado de figuras planas irregulares ou calquera outra figura plana".

Actividade


Debuxa nunha lámina dúas figuras imposibles e unha ilusión óptica. Colorea os debuxos para acentuar o efecto visual.

Imos debuxar: un triángulo de Penrose, un Blivet, e unha ilusión de Ponzo.

Comeza facendo as marxes e o recadro cos teus datos nunha lámina, e divídea en tres partes, segundo este modelo.

Despois, debuxa en cada recadro a figura indicada.

Comeza polo triángulo de Penrose, seguindo o paso a paso que podes ver neste vídeo en YouTube.

A seguinte figura é o Blivet, que podes debuxar seguindo estoutro vídeo en YouTube.

A terceira imaxe é unha ilusión óptica, baseada na ilusión de Ponzo. Tes o proceso neste vídeo en Youtube. Seguramente é a máis complexa de facer das tres. Non tes que copiar todos os detalles, pero si que tes que conseguir o efecto de profundidade. Podes facer variacións e adaptalo ao teu estilo.




Ligazóns

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Combinando cores