Elaboramos unha animación

Co obxectivo de coñecer os fundamentos da imaxe en movemento e explorar as súas posibilidades expresivas, imos ver como se elabora unha animación con medios dixitais e/ou analóxicos.

Chámase animación ao proceso de dar a ilusión de movemento mediante unha serie de imaxes que apenas se diferencian entre elas e que son proxectadas a gran velocidade.

Para dar sensación de movemento natural, o cinema tradicional emprega 24 fotogramas por cada segundo de película (frames per second en inglés, ou FPS). Cada fotograma aparece en pantalla 1/24 =  0,0417 segundos. Pódese facer animación con velocidades FPS menores.

O debuxo animado tradicional faise debuxando os fotogramas un a un, nun proceso moi laborioso. Hoxe en día, os ordenadores facilitan en parte o labor dos debuxantes de animación.


Cámara rápida

A técnica de cámara rápida (time lapse en inglés) consiste en proxectar unha película ou video a unha velocidade moito maior que a velocidade á que foron grabadas orixinalmente as imaxes. Esta técnica é a base das películas de animación: captúranse varias fotografías ou imaxes fixas dun obxecto ou personaxe do que se vai variando lentamente a posición, e despois móntanse as imaxes para ser proxectadas de seguido e a grande velocidade.

Técnicas de animación 

Hai moitas técnicas para facer animación, que tamén poden combinarse entre elas:
  • Stop motion
  • Rotoscopia
  • Cut out (recortes)
  • Pixilación (non confundir con pixelación)
  • Debuxo tradicional
  • Imaxes xeradas por ordenador

Stop motion

Técnica de animación consistente en manipular un obxecto, variando a súa posición en pequenos incrementos, fotografiar cada unha das posicións, creando ilusión de movemento cando as fotografías se proxectan seguidas nunha secuencia.

Unha variante do stop motion moi orixinal consiste en ir gravando debuxos ou graffitis que van mudando de forma, recurso que se emprega neste xenial traballo do artista BLU.



Alumnado de Bacharelato artístico empregou tamén esta técnica, cambiando os sprays por carboncillo. Podedes ver os traballos aquí.

Pixilación












Actividade

Ides elaborar unha animación empregando a técnica da pixilación. Farédela en grupos de catro alumnos.

Fases do traballo:
  1. Elaboración do guión cinematográfico: a orixinalidade é o máis importante!
  2. Elaboración do storyboard.
  3. Realización das fotografías.
  4. Edición e montaxe do video.
Características que debe ter o video:
  • Duración aproximada: 1 minuto.
  • Número de fotogramas: entre 8 e 12 FPS.
  • Número de planos: catro planos distintos, como mínimo. Variade os encadramentos e as angulacións de cámara, para darlle máis dinamismo ao resultado final.

Efectos especiais

En animación empréganse efectos especiais. Queredes aprender a utilizar algún, para empregalo na vosa pixilación? Podedes mirar nesta lección en TedED, onde vos amosan como facer algúns efectos especiais caseiros.

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores