Presentación sobre as texturas e a técnica da Frottage . Presentation in English: Vídeo para inspirarte na creación de texturas gráficas: Como debuxar texturas / How to draw Textures . E na seguinte presentación podes ver, paso a paso, como preparar a lámina. Practicamos tamén nela o debuxo de hexágonos regulares inscritos en circunferencias.
Vlad Alexeev, Bird in the Cage (2015) Unha figura imposible é un tipo de ilusión óptica. Consiste nunha imaxe dun obxecto, en apariencia ben construído, pero que, despois de observalo un rato, resulta evidente que sería imposible que existise na realidade. A natureza inquietante dos obxectos imposibles prodúcese por mor do noso desexo natural de interpretar debuxos en 2D como obxectos tridimensionais. É por iso que o debuxo dun cubo de Necker é máis probable velo como un cubo, máis que "dous cadrados conectados con liñas diagonais, un cadrado rodeado de figuras planas irregulares ou calquera outra figura plana". Actividade Debuxa nunha lámina dúas figuras imposibles e unha ilusión óptica. Colorea os debuxos para acentuar o efecto visual. Imos debuxar: un triángulo de Penrose, un Blivet, e unha ilusión de Ponzo. Comeza facendo as marxes e o recadro cos teus datos nunha lámina, e divídea en tres partes, segundo este modelo . Despois, debuxa en cada recadro
Nesta tarefa imos traballar coas cores e diferentes formas de combinalas. Antes de realizar a tarefa, vexamos a seguinte presentación, na que está explicado o que necesitas para poder facer o traballo. Na web de Canva tes un círculo cromático interactivo no que podes facer moi facilmente combinacións de cores. Agora que xa coñeces un pouco máis sobre a cor, imos coa tarefa. No mundo do Deseño Gráfico, utilízase o contraste de cores para chamar a atención e favorecer a visibilidade de deseños publicitarios, de logotipos ou de sinais. Esta tarefa consiste en deseñar un isotipo para un restaurante e probar varias combinacións de cores. O deseño basearase en figuras xeométricas simples. Pode ser figurativo ou abstracto. Fai varios bosquexos ata que esteas conforme co deseño. Infórmate: que é un isotipo? PASOS PARA REALIZAR A TAREFA Prepara unha lámina con catro recadros iguais, de 70x70 mm, deixando espazos de 20 mm entre eles. Unha vez decidido o deseño, copiao a lapis en ca
Comentarios