Perspectivas axonométricas: a isometría

Infografía resumo das perspectivas axonométricas.
Perspectivas axonométricas

Actividade 1

Na seguinte lámina danche as vistas en diédrico de dúas pezas. Tes que debuxar a perspectiva isométrica de cada unha desas pezas.

Lámina para resolver (PDF) e lámina resolta (PDF).

Actividade 2: facer unha isometría en LibreCAD

  1. Descarga no teu ordenador este arquivo DXF.
  2. Abre o DXF con LibreCAD.
  3. Crea unha nova capa chamada «Solución» (mira máis abaixo «Crear unha nova capa»).
  4. Selecciona esa capa «Solución», para debuxar nela.
  5. Selecciona a grella isométrica, en Editar –> Propiedades del dibujo actual –> Rejilla
  6. Debuxa a perspectiva isométrica da peza dada.
  7. Pon o teu nome e apelido na lámina, no recadro correspondente.
  8. Imprime a folla nun PDF (mira máis abaixo «Como obter un PDF do debuxo»).
  9. Sube o PDF a Edmodo.

Crear unha nova capa

No cadro «Lista de capas» dálle ao signo «máis». Enche o cadro de diálogo cos seguintes parámetros:
  • Nome da capa: Solución
  • Cor: Vermella
  • Ancho: 0.50 mm (ISO)


Como obter un PDF do debuxo

  1. Menú «Archivo»
  2. Dalle a «Vista previa de impresión» para comprobar como se vai ver o PDF final.
  3. Se todo está ben, no menú «Archivo» dalle a «Imprimir».
  4. Aparece un cadro de diálogo. Tes que especificar o nome e a ubicación do PDF no espazo chamado «Output file». Cando teñas cuberto este apartado, so queda darlle a «Print».

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores