Publicacións

Comunicación visual. Símbolos e iconas.

Imaxe
PublicDomainImages - Silhouette Heart Hand Love (CC0) Se xuntas as mans como na fotografía e formas cos dedos un oco que recorda a silueta dun corazón, con ese xesto podes estar a dicir «quérote». É un signo que representa a idea de amor, de cariño.

Linguaxe visual. Signo visual. Significante e significado.

Imaxe
Bruno Glätsch - Thumbs Up (CC0) Signo Un signo é calquera obxecto, imaxe, son, xesto... que representa outra cousa, ou serve para lembrala. Exemplo: o puño pechado co polgar levantado é un signo, que indica que estamos de acordo, que a cousa vai ben, sentimentos positivos.

Segmentos

Imaxe
Concepto de medida. Operacións con segmentos coa axuda da regra ou utilizando o compás. Mediatriz dun segmento. A mediatriz como lugar xeométrico básico no plano. Teorema de Tales. Aplicacións do teorema de Tales para dividir un segmento en partes iguais e para a escala dun polígono. Exercicios paso a paso Facendo clic nas ligazóns seguintes, podes ver os exercicios resoltos paso a paso na web Mongge. Trazado dunha mediatriz. División dun segmento en partes iguais, empregando o teorema de Tales .

Materiais e técnicas de debuxo e pintura

Imaxe
tlgragg, Untitled (CC BY-ND) Contidos Na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, o alumnado de 3.º da ESO coñecerá e aplicará as posibilidades expresivas das técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas. De entre a grande variedade de ferramentas, materiais e técnicas existentes, neste curso empregaranse as témperas, o lapis de grafito e de cor, e a colaxe. Lapis de grafito e de cor Utiliza o lapis de grafito e de cor , creando o claroscuro en composicións figurativas e abstractas mediante a aplicación do lapis de forma continua en superficies homoxéneas ou degradadas. Para coñecer a fondo a técnica do lapis de cor, podes visitar  o blog Ilustrando , de Helena García. Témperas Experimenta coas témperas aplicando a técnica de diferentes formas (pinceis, esponxas, goteos, distintos graos de humidade, estampaxes, etc.), valorando as posibilidades expresivas segundo o grao de opacidade e a creación de texturas visuais cromáticas. Papel Utiliza ...

O PROCESO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Imaxe
Como se fixo o cadro Le café , de Pierre Bonnard Pierre Bonnard, Le café (1915) © ADAGP, Paris and DACS, London 2017 Análise da obra O cadro Le café  é un óleo sobre lenzo pintado en 1915 por Pierre Bonnard . Na pintura, móstrase unha mesa desde un ángulo levemente elevado. Está cuberta cun mantel vermello e branco sobre o que se colocaron unha cafeteira, dúas cuncas brancas e unha bandexa para comida. Unha muller vestida de amarelo vivo senta ao outro lado da mesa, tomando unha cunca de café e volvéndose cara a un pequeno can que está con dúas patas sobre a mesa. Unha segunda muller, vestida de azul, inclínase cara a un vaso sobre a mesa. A composición está enmarcada á dereita por un borde decorativo amarelo, vermello e azul; hai un motivo similar nunha banda de cor situada na parede detrás do can. Na parede do fondo aparece un cadro ou tapiz. A paleta está restrinxida casi por completo a vermello, amarelo, azul, branco e marrón. O negro da bandexa contr...

Perspectivas axonométricas: a isometría

Imaxe
Infografía resumo das perspectivas axonométricas. Perspectivas axonométricas Actividade 1 Na seguinte lámina danche as vistas en diédrico de dúas pezas. Tes que debuxar a perspectiva isométrica de cada unha desas pezas. Lámina para resolver (PDF) e lámina resolta (PDF) . Actividade 2: facer unha isometría en LibreCAD Descarga no teu ordenador este arquivo DXF . Abre o DXF con LibreCAD. Crea unha nova capa chamada «Solución» (mira máis abaixo «Crear unha nova capa»). Selecciona esa capa «Solución», para debuxar nela. Selecciona a grella isométrica, en Editar –> Propiedades del dibujo actual –> Rejilla Debuxa a perspectiva isométrica da peza dada. Pon o teu nome e apelido na lámina, no recadro correspondente. Imprime a folla nun PDF (mira máis abaixo «Como obter un PDF do debuxo»). Sube o PDF a Edmodo. Crear unha nova capa No cadro «Lista de capas» dálle ao signo «mái...

Elaboramos unha animación

Imaxe
Co obxectivo de coñecer os fundamentos da imaxe en movemento e explorar as súas posibilidades expresivas, imos ver como se elabora unha animación con medios dixitais e/ou analóxicos. Chámase animación ao proceso de dar a ilusión de movemento mediante unha serie de imaxes que apenas se diferencian entre elas e que son proxectadas a gran velocidade. Para dar sensación de movemento natural, o cinema tradicional emprega 24 fotogramas por cada segundo de película ( frames per second en inglés, ou FPS). Cada fotograma aparece en pantalla 1/24 =  0,0417 segundos. Pódese facer animación con velocidades FPS menores. O debuxo animado tradicional faise debuxando os fotogramas un a un, nun proceso moi laborioso. Hoxe en día, os ordenadores facilitan en parte o labor dos debuxantes de animación. Cámara rápida A técnica de cámara rápida (time lapse en inglés) consiste en proxectar unha película ou video a unha velocidade moito maior que a velocidade á que foron grabadas ori...