Comunicación visual. Símbolos e iconas.

PublicDomainImages - Silhouette Heart Hand Love (CC0)

Se xuntas as mans como na fotografía e formas cos dedos un oco que recorda a silueta dun corazón, con ese xesto podes estar a dicir «quérote». É un signo que representa a idea de amor, de cariño.



Signos

Obxectos, imaxes, sons, xestos... que representan outra cousa, ou serven para lembrala.

Dentro dos signos visuais, distinguiremos entre símbolos e iconas.

Símbolos

Signos visuais que non teñen parecido co que representan. Aceptamos que simbolizan unha cousa, pero sen que se parezan a esa cousa.

GDJ - infinito-repetir-loop-forever (CC0)
O signo que representa o infinito é un símbolo.

As letras do noso alfabeto son símbolos.

Iconas

Signos visuais que teñen parecido co que representan.

Icona de escaleiras mecánicas
RRZE - Print (CC by-sa)

Unha fotografía da túa cara é unha icona da túa persoa. O pequeno recadro no ordenador co debuxo dunha impresora é a icona da función «imprimir».

Actividade

  1. Busca tres sinais de tráfico que empreguen iconas e tres que empreguen símbolos. Explica razoadamente a túa escolla en cada un dos sinais. Faino nunha presentación en Google Drive, e entregaa na aula virtual.
  2. Deseña catro novos sinais de tráfico, para cousas inventadas, como «perigo: bruxas» ou «obrigatorio portarse ben». Dous sinais que empreguen iconas e dous que empreguen símbolos.


Estándares de aprendizaxe

  • EPVAB2.2.1. Distingue símbolos de iconas.
  • EPVAB2.2.2. Deseña símbolos e iconas.

Competencias

Contribúe ao desenvolvemento da competencia dixital (CD).

Rúbrica




Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores