Publicacións

O monotipo

Imaxe
O monotipo é unha técnica sinxela de impresión, que garda moita relación co gravado . Consiste en debuxar ou pintar sobre unha superficie lisa e non absorbente (vidro, metacrilato...). A imaxe é despois transferida a papel xuntando ambas superficies e exercendo presión. O monotipo na web Técnicas de grabado. No seguinte vídeo (en inglés) o artista Arthur Secunda explica que é e como se fai un monotipo.

Que é a ilustración?

Imaxe
O coello branco de Alicia , ilustración de John Tenniel (1820–1914). Unha ilustración é un debuxo, ou en xeral calquera imaxe, creado a partir dun texto e pensado para acompañalo. No IES de Celanova fixeron traballos de ilustración espléndidos, coma estas ilustracións do conto de Andersen O novo traxe do Emperador , realizadas por estudantes de 4.º da ESO. Outro exemplo de ilustracións dos alumnos do IES de Celanova son os traballos publicado baixo o nome de Píntame un texto .

Cor: natureza, temperatura e simbolismo

Imaxe
Understanding color , unha presentación en Slideshare, por Jennifer Janviere. Understanding Color from Jennifer Janviere O círculo cromático (ligazón)   Saturación Podemos entender a saturación como a maior ou menor intensidade que ten unha cor. Se unha cor está moi saturada, vese moi intensa, moi cargada. A medida que baixa a saturación, parece que a cor se fora destinguindo. Pouco a pouco, vese cada vez máis próxima ao gris. Diferentes graos de saturación partindo das tres cores-pigmento primarias. Valor O concepto de valor refírese a unha escala na que no centro está a cor pura, e nos estremos o branco e o negro. Nesta escala, unha cor pode ir facéndose máis clara según se aproxime ao branco, ou polo contrario vaise escurecendo según se aproxima ao negro. Na seguinte imaxe podes apreciar as tres cores-pigmento primarias (ciano, maxenta, amarelo) cun valor intermedio (128) e as cores que se obteñen con variacións no valor: 40, 80, 180 e 220...

O gravado

Imaxe
Para facer gravados, existen diferentes técnicas: litografía, xilografía, punta seca... No blog Técnicas de grabado hai información moi completa. Sistemas de impresión: nuevas imágenes é unha presentación en Slideshare de María José Montañés Garnica para o «Museo del Grabado Español Contemporáneo». Luis Seoane, El pulpo II ( Museo de Belas Artes da Coruña ) Linogravado No linogravado emprégase como matriz unha plancha de linóleo. Recursos en inglés sobre o linogravado: How to make Linocuts! (paso a paso en texto) e The Linocut Process (vídeo). Xilografía Vídeo sobre "Proceso de una Xilografía", por Talleres de Xilografía Concón 2014. Xilografía Concón, Proceso de una xilografía (video)

Cor como ferramenta simbólica

Imaxe
Realizar obras plásticas experimentando e utilizando diferentes soportes e técnicas, tanto analóxicas coma dixitais, valorando o esforzo de superación que supón o proceso creativo. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: Cambia o significado dunha imaxe por medio da cor. Ken Whytock - Quilted Landscape Actividade Para cada cultura, algunhas cores teñen significados ou simbolizan cousas: o vermello pode simbolizar o perigo, o branco representa a pureza, etc. En Europa, a cor negra simboliza o loito. As raíñas medievais, sen embargo, levaban roupa branca cando estaban de loito. Tamén en China a cor branca é asociada coa morte e emprégase nos funerais. 1º.- Para realizar a actividade botaremos unha ollada á aplicación * Color in Motion * ( abre ligazón en nova ventá ). Unha vez na páxina principal da aplicación, accede á porta da esquerda e observa as características asociadas a cada cor. Apunta nun documento de texto as características máis importantes: cor complemen...

Iconicidade na imaxe gráfica

Imaxe
CONTIDOS: A imaxe como representación da realidade. Iconicidade na imaxe gráfica. Niveis de iconicidade. O bosquexo ou apuntamento como estudo previo ao resultado final. CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Debuxar con distintos niveis de iconicidade da imaxe. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: Comprende e emprega os niveis de iconicidade da imaxe gráfica, elaborando bosquexos, apuntamentos, e debuxos esquemáticos, analíticos e miméticos. Presentación Escala de iconicidade Justo Villafañe, Niveles de iconicidad Actividade 1 Debuxa con diferentes niveis de iconicidade. Aquí tes un exemplo feito por unha alumna de 3.º da ESO: Actividade 2 Lembras a tarefa do elefante? Agora hai que facer o mesmo cunha imaxe dun insecto. Escolle unha das imaxes seguintes:   Pincha nestas ligazóns se queres velas máis grandes:  Imaxe 1  e  imaxe 2 Coloca una lámina en posición horizontal, faille unhas marxes de 5 mm ao redor. Divide a lámina en 4 partes iguais...

Análise de obras de arte

Recoñecer en obras de arte a utilización de elementos e técnicas de expresión, apreciar os estilos artísticos, valorar o patrimonio artístico e cultural como un medio de comunicación e satisfacción individual e colectiva, e contribuír á súa conservación a través do respecto e divulgación das obras de arte.