Cor como ferramenta simbólica

Realizar obras plásticas experimentando e utilizando diferentes soportes e técnicas, tanto analóxicas coma dixitais, valorando o esforzo de superación que supón o proceso creativo.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: Cambia o significado dunha imaxe por medio da cor.

- Quilted Landscape

Actividade

Para cada cultura, algunhas cores teñen significados ou simbolizan cousas: o vermello pode simbolizar o perigo, o branco representa a pureza, etc. En Europa, a cor negra simboliza o loito. As raíñas medievais, sen embargo, levaban roupa branca cando estaban de loito. Tamén en China a cor branca é asociada coa morte e emprégase nos funerais.

1º.- Para realizar a actividade botaremos unha ollada á aplicación *Color in Motion* (abre ligazón en nova ventá). Unha vez na páxina principal da aplicación, accede á porta da esquerda e observa as características asociadas a cada cor. Apunta nun documento de texto as características máis importantes: cor complementaria, tres características positivas e tres negativas, e valor cultural. A continuación, accede á porta do centro e reproduce a película da túa cor favorita. Apunta as características asociadas á cor.
2.º.- Busca en Pixabay tres fotos: unha de froita, outra dunha persoa e a terceira dunha rúa ou edificios. Descarga as tres no ordenador.
3.º.- Abre as fotos na aplicación GIMP. Manipula cada imaxe, converténdoas en monocromáticas da túa cor favorita. Escribe sobre unha imaxe tres características positivas, sobre outra tres características negativas, e na outra o valor cultural da cor empregada.
4.º.- Garda as fotos manipuladas en formato JPG (Arquivo -> Exportar como...) e súbeas a Edmodo. Sube tamén o documento de texto coas características da cor elexida.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores