Understanding color, unha presentación en Slideshare, por Jennifer Janviere.
Saturación
Podemos entender a
saturación como a maior ou menor intensidade que ten unha cor.
Se unha cor está moi saturada, vese moi intensa, moi cargada. A medida que baixa a saturación, parece que a cor se fora destinguindo. Pouco a pouco, vese cada vez máis próxima ao gris.
|
Diferentes graos de saturación partindo das tres cores-pigmento primarias. |
Valor
O concepto de
valor refírese a unha escala na que no centro está a cor pura, e nos estremos o branco e o negro. Nesta escala, unha cor pode ir facéndose máis clara según se aproxime ao branco, ou polo contrario vaise escurecendo según se aproxima ao negro.
Na seguinte imaxe podes apreciar as tres cores-pigmento primarias (ciano, maxenta, amarelo) cun valor intermedio (128) e as cores que se obteñen con variacións no valor: 40, 80, 180 e 220. O valor 255 correspondería á cor branca, e o cero, á cor negra.
|
Diferentes graos de valor partindo das tres cores-pigmento primarias. |
Vexamos na seguinte imaxe como se obteñen diferentes cores variando o valor das tres cores-luz primarias (vermello, verde e azul).
|
Diferentes graos de valor partindo das tres cores-luz primarias. |