Unha imaxe pode adquirir un significado diferente simplemente manipulando as súas cores. Observa este debuxo dunha paisaxe. Se agora cambiamos cada cor pola súa complementaria, mantendo o mesmo debuxo, este é o resultado. TAREFA - Busca dúas fotos (ou cadros ou ilustracións) de paisaxes que te chamen a atención polas súas cores. Deben ter moita variedade cromática. Gárdaas. - Debuxa na túa lámina o recadro para os teus datos, e logo dous rectángulos, de 100x150 mm cada un. - Debuxa neses rectángulos as paisaxes das fotos que gardaches, intentando que os debuxos se parezan ás imaxes orixinais, aínda que non é necesario moito detalle. - Colorea os debuxos: Nun deles, cambia cada cor da foto orixinal pola súa complementaria . No outro debuxo, cambia as cores orixinais, e reduce o seu número, colorea empregando soamente tres cores análogas (próximas no círculo cromático). Escribe baixo cada imaxe o título COMPLEMENTARIAS ou ANÁLOGAS, segundo corresponda. ...
Comentarios