Iconicidade na imaxe gráfica

CONTIDOS:
  • A imaxe como representación da realidade. Iconicidade na imaxe gráfica. Niveis de iconicidade.
  • O bosquexo ou apuntamento como estudo previo ao resultado final.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Debuxar con distintos niveis de iconicidade da imaxe.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: Comprende e emprega os niveis de iconicidade da imaxe gráfica, elaborando bosquexos, apuntamentos, e debuxos esquemáticos, analíticos e miméticos.

Presentación


Escala de iconicidade

Justo Villafañe, Niveles de iconicidad


Actividade 1


Debuxa con diferentes niveis de iconicidade.

Aquí tes un exemplo feito por unha alumna de 3.º da ESO:


Actividade 2

Lembras a tarefa do elefante? Agora hai que facer o mesmo cunha imaxe dun insecto.
Escolle unha das imaxes seguintes:

insect bee

Pincha nestas ligazóns se queres velas máis grandes: Imaxe 1 e imaxe 2

Coloca una lámina en posición horizontal, faille unhas marxes de 5 mm ao redor. Divide a lámina en 4 partes iguais.
Fai na lámina catro versións da imaxe elexida, con catro niveis diferentes de iconicidade. Emprega en cada debuxo unha ferramenta diferente: por exemplo, rotulador negro, rotuladores de cores, lapis de cores, sombreado con lapis de grafito, ou mesmo ceras.
Numera do 1 ao 4 os debuxos, de menos a máis nivel de iconicidade.

Ollo: tes que debuxar ESA IMAXE de 4 formas distintas, non te fixes tanto no insecto, como nas formas que ten a imaxe.



TIPOS DE DEBUXO: DO BOSQUEXO AO DEBUXO MIMÉTICO


O bosquexo e o apuntamento; O debuxo esquemático; O debuxo analítico; O debuxo mimético.

Aínda en obras!!!



Na web de La nube artística teñen unha entrada sobre o bosquexo e o apuntamento, onde explican que é cada cousa e as diferenzas entre elas.

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores