Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2022

Elementos básicos: no estilo de Sonia Delaunay

Imaxe
Imos realizar unha actividade empregando os tres tipos básicos de elementos visuais: os puntos, as liñas e os planos. Farémolo creando unha composición no estilo das obras da artista Sonia Delaunay , nas que exploraba a abstracción, empregando a xeometría e a cor. Despois de ver a presentación, xa podes realizar a túa composición.   INSTRUCIÓNS     Debuxa un rectángulo. Dimensións: 210x150 mm.     Divide o rectángulo en tres partes iguais, cada unha delas debe ter 70 mm de ancho.     Usando regra e compás, debuxa unha composición ao estilo das obras de Delaunay. Os elementos principais deben ser círculos concéntricos, e algunhas liñas rectas deben cruzar os círculos.     No terzo esquerdo, colorea a túa composición con puntos.     No terzo medio, colorea a túa composición usando liñas.     No terzo dereito, colorea a túa composición usando planos.

Stop Motion

Imaxe
  Que é o Stop Motion? O Stop Motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de fotografías sucesivas. As animacións stop motion non son debuxos animados, nin tampouco son animacións por ordenador, senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade. Consiste en ir movendo os obxectos, sacar unha foto, volver movelos un pouco, sacar outra foto, etc. É un proceso moi laborioso, xa que se necesitan como mínimo 10 ou 12 fotogramas para obter un segundo de película.     ACTIVIDADE A vosa actividade consiste en gravar un vídeo coa técnica chamada Stop Motion. No vídeo aparecerán as letras que forman os nomes (sen apelidos) dos compoñentes do equipo, e algún outro elemento que lle aporte algo máis de acción. En equipos de 2 ou 3 persoas. Debuxade, coloreade e recortade letras para formar os vosos nomes. Engadide outros elementos ao set como unhas tesoiras, uns lapis, follas engurradas.

Estrela cromática

Imaxe
  Farbenkugel VII   Debuxa unha estrela de 12 puntas, e fai divisións interiores seguindo o esquema da seguinte imaxe.      O debuxo da estrela en proceso:     Colorea a estrela con témperas, con acuarelas, ou con lapis de cores (neste caso, mellor se son acuarelables). Cada sector dunha cor, con catro valores.   PASOS A SEGUIR 1. Traza 5 circunferencias concéntricas, de 15, 30, 45, 60 e 75 mm de radio. 2. Divide as circunferencias en 12 partes iguais.  3. Traza as liñas que faltan ata completar a forma da estrela.  4. Colorea con lapis, empregando a máxima saturación no segundo anel. 5. Emprega o negro nas puntas, facendo que as cores se escurezan. Consigue os valores máis claros no anel interior, pintando con moi pouca presión.

Deseña unha táboa de skate

Imaxe
Deseña a decoración das dúas caras dunha táboa de skate. Cara inferior: composición simétrica e abstracta. Debes basearte en elementos xeométricos. Cara superior: composición simétrica e figurativa. Non hai que facer as rodas. Facer dúas propostas de cada cara (bosquexos) e elixir unha. Colorear con lapis de cor ou rotuladores. Medidas segundo a imaxe.