Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

Deseño gráfico: deseña a túa marca persoal

Imaxe
Agora que xa sabes que é un logotipo, un isotipo, un imagotipo e un isologotipo, vas crear unha proposta para unha marca moi especial: a túa propia marca persoal. Tes que facer o teu isologotipo , debe incluír o teu nome de pía e un símbolo ou icona, integrados. Farás dúas propostas. Coloca unha lámina en horizontal, faille as marxes ao redor e o recadro co nome, curso e data. Divide o espazo de debuxo cunha liña vertical, en dúas partes iguais. Debuxa en cada metade unha proposta. Unha delas será unha adaptación dunha marca coñecida pero co teu nome, a outra será un deseño totalmente orixinal. Valorarase que as dúas propostas sexan moi diferentes unha doutra. Non as fagas pequenas, aproveita o espazo que tes para debuxar. Dálles cor, rotuladores, acuarela...

Debuxando figuras imposibles

Imaxe
Vlad Alexeev, Bird in the Cage (2015) Unha figura imposible é un tipo de ilusión óptica. Consiste nunha imaxe dun obxecto, en apariencia ben construído, pero que, despois de observalo un rato, resulta evidente que sería imposible que existise na realidade. A natureza inquietante dos obxectos imposibles prodúcese por mor do noso desexo natural de interpretar debuxos en 2D como obxectos tridimensionais. É por iso que o debuxo dun cubo de Necker é máis probable velo como un cubo, máis que "dous cadrados conectados con liñas diagonais, un cadrado rodeado de figuras planas irregulares ou calquera outra figura plana". Actividade Debuxa nunha lámina dúas figuras imposibles e unha ilusión óptica. Colorea os debuxos para acentuar o efecto visual. Imos debuxar: un triángulo de Penrose, un Blivet, e unha ilusión de Ponzo. Comeza facendo as marxes e o recadro cos teus datos nunha lámina, e divídea en tres partes, segundo este modelo . Despois, debuxa en cada recadro

Deseño gráfico: logotipos, isotipos, imagotipos, isologos...

Imaxe
Patxi J., Imagotipo de EPVA feito con Inkscape . Seguro que che soa a palabra «logo» ou «logotipo». Normalmente, chámase logotipo á representación visual dunha marca, dunha empresa ou dunha institución. Pero imos ver que, no eido do Deseño, non todos os símbolos das marcas se chaman  logos . As persoas que se encargan de crear estes elementos son as deseñadoras e os deseñadores gráficos. Estes profesionais do Deseño Gráfico , cando falan das imaxes das marcas, non empregan só as palabras logo e logotipo . Eses símbolos reciben tamén outros nomes: isotipos, imagotipos, e isologotipos. Imos investigar a que se refire cada un deses termos e aprenderemos a distinguilos. Actividade de investigación  Debes definir e aclarar con exemplos os seguintes termos: logotipo isotipo imagotipo isologotipo Divide unha lámina en 4 partes, logo de facer as marxes e o recadro para o nome, data e curso. Escribe nun tamaño de letra grande os nomes deses conceptos, un en cada recadro.