Deseño gráfico: deseña a túa marca persoal
Agora que xa sabes que é un logotipo, un isotipo, un imagotipo e un isologotipo, vas crear unha proposta para unha marca moi especial: a túa propia marca persoal.
Tes que facer o teu isologotipo, debe incluír o teu nome de pía e un símbolo ou icona, integrados.
Farás dúas propostas. Coloca unha lámina en horizontal, faille as marxes ao redor e o recadro co nome, curso e data. Divide o espazo de debuxo cunha liña vertical, en dúas partes iguais. Debuxa en cada metade unha proposta. Unha delas será unha adaptación dunha marca coñecida pero co teu nome, a outra será un deseño totalmente orixinal.
Valorarase que as dúas propostas sexan moi diferentes unha doutra. Non as fagas pequenas, aproveita o espazo que tes para debuxar. Dálles cor, rotuladores, acuarela...