Deseño gráfico: logotipos, isotipos, imagotipos, isologos...

Patxi J., Imagotipo de EPVA feito con Inkscape.

Seguro que che soa a palabra «logo» ou «logotipo». Normalmente, chámase logotipo á representación visual dunha marca, dunha empresa ou dunha institución. Pero imos ver que, no eido do Deseño, non todos os símbolos das marcas se chaman logos.

As persoas que se encargan de crear estes elementos son as deseñadoras e os deseñadores gráficos. Estes profesionais do Deseño Gráfico, cando falan das imaxes das marcas, non empregan só as palabras logo e logotipo. Eses símbolos reciben tamén outros nomes: isotipos, imagotipos, e isologotipos. Imos investigar a que se refire cada un deses termos e aprenderemos a distinguilos.


Actividade de investigación 

Debes definir e aclarar con exemplos os seguintes termos:
  • logotipo
  • isotipo
  • imagotipo
  • isologotipo

Divide unha lámina en 4 partes, logo de facer as marxes e o recadro para o nome, data e curso.

Escribe nun tamaño de letra grande os nomes deses conceptos, un en cada recadro. Escribe a definición de cada concepto debaixo do seu nome.

Debuxa (copiando de internet) en cada recadro exemplos de: logo, iso, imagotipo e isologo. Tes que debuxar 3 de cada un. Ollo, que sexan marcas coñecidas…

Debuxa os exemplos a man alzada ou regra, dalles cor, pásaos a rotu calibrado... Intenta que se parezan o máis posible aos orixinais. Non os deixes a lapis.

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores