Perspectivas axonométricas: a isometría
Infografía resumo das perspectivas axonométricas. Perspectivas axonométricas Actividade 1 Na seguinte lámina danche as vistas en diédrico de dúas pezas. Tes que debuxar a perspectiva isométrica de cada unha desas pezas. Lámina para resolver (PDF) e lámina resolta (PDF) . Actividade 2: facer unha isometría en LibreCAD Descarga no teu ordenador este arquivo DXF . Abre o DXF con LibreCAD. Crea unha nova capa chamada «Solución» (mira máis abaixo «Crear unha nova capa»). Selecciona esa capa «Solución», para debuxar nela. Selecciona a grella isométrica, en Editar –> Propiedades del dibujo actual –> Rejilla Debuxa a perspectiva isométrica da peza dada. Pon o teu nome e apelido na lámina, no recadro correspondente. Imprime a folla nun PDF (mira máis abaixo «Como obter un PDF do debuxo»). Sube o PDF a Edmodo. Crear unha nova capa No cadro «Lista de capas» dálle ao signo «mái