Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2017

CAD: Deseño asistido por ordenador

Imaxe
Imaxe: Raulshc, LibreCAD Pentagon , CC BY-SA. Que significa CAD? Chámanse CAD as aplicacións que serven para debuxar con precisión xeométrica no ordenador. Os programas de CAD son os sustitutos dixitais do escuadro, do cartabón e do compás. CAD son as siglas de Computer Aided Design , é dicir, Deseño Asistido por Ordenador. Hai dúas grandes categorías de CAD: CAD para traballar en dúas dimensións (2D). Exemplo: LibreCAD. CAD para traballar en tres dimensións (3D). Exemplo: FreeCAD. Se queres coñecer algúns programas de CAD gratuitos, podes velos nesta entrada deste mesmo blog: Os mellores programas de CAD gratuitos para ESO e Bacharelato . Actividade Abre a aplicación LibreCAD. Descarga o PDF coas actividades propostas ( ligazón ao documento ) e fai os exercicios. Tes que enviar os exercicios 6 e 7, co teu nome neles, en formato PNG. Titoriais en video Crea

O cinema e a linguaxe cinematográfica

Imaxe
Julia Sergina, Cinema O cinema é arte, linguaxe e medio de comunicación. O cinema fala por medio das imaxes, dos encadramentos, da palabra falada, dos efectos especiais, da montaxe, da cor e dos sons. A linguaxe do cinema baséase na fotografía, na música, na literatura, no cómic e en todos os fenómenos artísticos. Da mesma forma, o cinema inflúe nas demais artes, achegando as súas formas de expresión. O cinema exprésase de múltiples e variadas maneiras, constituíndo así a linguaxe cinematográfica. A linguaxe do cinema parte fundamentalmente de catro elementos básicos: a selección de partes de realidade os movementos a montaxe o son (Texto de Enrique Martínez-Salanova, extraido da web El lenguaje del cine ). No seguinte video podes ver un programa sobre a linguaxe do cinema, realizado pola ONCE. Explícanse conceptos coma plano, escena, fundido, travelling...     Tamén se explican os conceptos de plano, escena, secuencia... nestoutro vídeo da canle Officium: h

Deseño dunha rede modular con Inkscape

Imaxe
Actividade Crea en INKSCAPE unha rede modular cadrada coma a do exemplo. Empeza polo submódulo. Logo repíteo e xírao ata conseguir o módulo. Por último, repite o módulo varias veces para conseguir a rede modular. Podes cambiar as cores e introducir variacións no módulo. Garda o resultado en formato PNG e envíao a Edmodo. Rede modular cadrada . Licenza CC BY-SA

Tanxencias e enlaces

Imaxe
Láminas de exercicios Lámina 1: Tanxencias e enlaces.  Solucións Lámina 1: Solucións (PDF, nova ventá) .

Publicidade: recursos visuais

Imaxe
Na imaxe anterior, vemos un anuncio no que o elefante chama a nosa atención porque a súa figura está deformada. Parece moito máis longo do normal. Podes dicir que produto anuncian? Por que empregan esa imaxe deformada do elefante? En publicidade empréganse diversos tipos de recursos visuais, para chamar a atención do público. Entre os recursos visuais máis importantes están as figuras retóricas . Actividade 1 Nesta actividade veremos as principais figuras retóricas que se empregan en publicidade e trataremos de aprender a distinguilas. Abre este documento PDF (abre en nova ventá) . En Google Drive, crea un documento de texto e titúlao «Análise de anuncios». Realiza nel as tarefas sobre os anuncios e figuras retóricas que se indican no PDF. Cando remates, comparte co profesor a ligazón ao teu documento. Actividade 2 Entre as figuras retóricas empregadas en publicidade, destacan as metáforas visuais. Debes deseñar un anuncio para unha organización ecoloxista (real o

Ilusións ópticas

Imaxe
Como debuxar unha ilusión óptica paso a paso (video). Tutorial para crear unha imaxe Op-Art (Arte Óptica) en papel (video). Tutorial para crear unha ilusión óptica dixital (video).

Deseño de motivos xeométricos

Imaxe
Os trazados de figuras xeométricas, coma cuadriláteros e polígonos, así como a correcta definición xeométrica das tanxencias e dos enlaces, teñen unha interesante aplicación na realización de deseños con motivos xeométricos. Esta clase de deseños xeométricos foron empregados ao longo da Historia por moitas culturas. Os árabes empregaron a xeometría para decorar o Palacio da Alhambra. Pano de azulexos do Mexuar . De Jebulon - Traballo propio, CC BY-SA 3.0   Observa o deseño da imaxe seguinte, e fíxate ben no módulo (a figura que se repite). By Tartaglia - Own work , CC BY-SA 3.0 , Link Actividade Realizar unha lámina na que se recollan dous deseños con motivos xeométricos: Deseño dunha paxariña nazarí .  Rede modular de estrelas de cinco puntas no interior dun pentágono. Aquí podes descargar unha lámina xa rematada. A xeometría é o máis importante, polo que os trazos deben ser limpos e precisos. Hai varias formas de trazar a paxariña nazarí. N