Deseño de motivos xeométricos

Os trazados de figuras xeométricas, coma cuadriláteros e polígonos, así como a correcta definición xeométrica das tanxencias e dos enlaces, teñen unha interesante aplicación na realización de deseños con motivos xeométricos. Esta clase de deseños xeométricos foron empregados ao longo da Historia por moitas culturas.


Os árabes empregaron a xeometría para decorar o Palacio da Alhambra.

Pano de azulexos do Mexuar. De Jebulon - Traballo propio, CC BY-SA 3.0
 
Observa o deseño da imaxe seguinte, e fíxate ben no módulo (a figura que se repite).

Mosaico nazarí (pajarita).svg
By Tartaglia - Own work, CC BY-SA 3.0, Link


Actividade

Realizar unha lámina na que se recollan dous deseños con motivos xeométricos:

  1. Deseño dunha paxariña nazarí
  2. Rede modular de estrelas de cinco puntas no interior dun pentágono.
A xeometría é o máis importante, polo que os trazos deben ser limpos e precisos.

Hai varias formas de trazar a paxariña nazarí. Na seguinte imaxe tes unha delas (feita con Geogebra).

Trazado dunha paxariña nazarí en Geogebra. Elaboración propia. CC-BY-SA.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores