Publicidade: recursos visuais





Na imaxe anterior, vemos un anuncio no que o elefante chama a nosa atención porque a súa figura está deformada. Parece moito máis longo do normal. Podes dicir que produto anuncian? Por que empregan esa imaxe deformada do elefante?

En publicidade empréganse diversos tipos de recursos visuais, para chamar a atención do público. Entre os recursos visuais máis importantes están as figuras retóricas.

Actividade 1

Nesta actividade veremos as principais figuras retóricas que se empregan en publicidade e trataremos de aprender a distinguilas.

Abre este documento PDF (abre en nova ventá). En Google Drive, crea un documento de texto e titúlao «Análise de anuncios». Realiza nel as tarefas sobre os anuncios e figuras retóricas que se indican no PDF. Cando remates, comparte co profesor a ligazón ao teu documento.

Actividade 2

Entre as figuras retóricas empregadas en publicidade, destacan as metáforas visuais.


Debes deseñar un anuncio para unha organización ecoloxista (real ou inventada) denunciando o quentamento global. Tes que empregar unha metáfora visual. Pode levar un eslogan curto, ou tamén podes prescindir del. Pero non debe ter apenas textos, o fundamental son as imaxes. Soporte: papel de debuxo DIN A4. Técnica: mixta, podes pegar algún recorte de revista ou folleto e completalo con debuxos e cores.

Ligazóns


Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores