A colaxe
Técnica que combina fragmentos de distintos materiais que se pegan enriba do cadro. Pode combinarse con pintura e outras técnicas e materiais. O profesor Antonio García Villarán explica a técnica da colaxe nunha serie de catro vídeos: o primeiro, aquí abaixo ou nesta ligazón . Actividade Imos facer unha reinterpretación, empregando a técnica da colaxe, dunha obra pictórica coñecida. Nesta ocasión, propóñovos o cadro de Leonardo da Vinci titulado Retrato de Lisa Gherardini, esposa de Francesco del Giocondo (óleo pintado entre 1503 e 1519), que é máis coñecido universalmente como A Gioconda ou A Mona Lisa . Leonardo da Vinci [Public domain], via Wikimedia Commons A continuación podes ver os traballos de colaxe sobre a Mona Lisa feitos polo alumnado do IES de Quiroga, durante o curso 2016-2017. Para saber máis En España, actualmente, faixe colaxe! Como mostra, aí tedes estas ligazóns á Sociedade de colaxe de Madrid e á web da artista Aurora Gorrión .