Trazados xeométricos: división da circunferencia

A circunferencia é unha figura xeométrica que está presente en aḿbitos como as matemáticas, a arquitectura, o deseño, as artes visuais...

Rosa de los vientos
Juan Ledo, Rosa de los vientos

Mediante as divisións da circunferencia en partes iguais pódense obter moitos sistemas de medida e organización, coma un reloxo, unha brúxula, unha rosa dos ventos, as medidas dos ángulos, etc.


Alex the Shutter, O'clock

 A circunferencia é a base do deseño de moitos obxectos cotiáns, coma pratos, moedas, sinais de tráfico, rodas, etc.

Angel Escartin Casas, Untitled


Ciro, Coins

Coñecer como se divide unha circunferencia é moi práctico, á hora de repartir as porcións dunha pizza!

russellstreet, Pizza

ACTIVIDADE

  1. Buscade en Flickr catro imaxes nas que se vexan circunferencias con divisións, semellantes aos exemplos anteriores. 
  2. Abride as fotos en GIMP e recortade un obxecto circular en cada imaxe.
  3. Compoñede unha nova imaxe en GIMP con eses catro recortes sobre un fondo branco. 
  4. Poñede un rótulo grande na imaxe (o título). 
  5. Gardádea en formato JPG (mediante «exportar como...») e subídea a Edmodo.
Imaxe de exemplo do resultado final que se pide:

división da circunferencia
Exemplos de aplicación da división da circunferencia. Elaboración propia. CC BY-SA.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores