Composición: elementos

Compoñer, cando se fala de imaxes, é a forma de dispor nelas os elementos que as conforman.

Tamén compoñemos unha imaxe cando decidimos a relación dos elementos dela coas marxes da imaxe, é dicir, a súa ubicación nela. Mellor vémolo cun exemplo sinxelo.

Fíxate na diferencia entre estas dúas imaxes:




Trátase da mesma árbore, pero situada en dúas posicións distintas na imaxe. Na primeira imaxe, a árbore está centrada respecto ao marco. Na segunda, a árbore desprazouse cara á dereita.

Na seguinte fotografía, podes apreciar como o autor non centrou o obxecto principal (a árbore), senón que o situou á dereita, buscando obter un resultado mais atractivo.



Tendo en conta as regras da composición, e manexándoas con destreza, podemos influir nas sensacións que experimenta o espectador e nas mensaxes que queremos transmitir.


Actividade

Debuxa dúas composicións distintas, empregando en ambas os elementos da ilustración inferior: 3 botellas e 2 copas. Debes usar algún dos seguintes esquemas compositivos: en aspa, simétrico, en forma de L, ou radial.

fives - Topher McCulloch

Ligazóns

Entrada nun blog sobre a composición.

«La composición pictórica y el ritmo en la pintura» é unha unidade didáctica para 4.º da ESO, feita polo Departamento de Plástica do IES Vallecas-Magerit. Ten anos (é do 2005) pero o que conta segue sendo válido.

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores