Os mellores programas de CAD gratuitos para ESO e Bacharelato
LibreCAD
Pantalla de traballo de LibreCAD, versión 2.0.4 |
LibreCAD é una aplicación CAD de Código Aberto (Open Source). Probablemente, é o CAD 2D gratuito máis utilizado. Trátase dun fork de QCAD. Non ten tantas funcionalidades coma este último, pero serve como ferramenta para achegarse ao mundo do CAD. Apropiado para principiantes.
QCAD
QCAD correndo baixo Linux |
QCAD é unha aplicación gratuita de Código Aberto. Trátase dun CAD en dúas dimensións (2D), do que se derivou o LibreCAD. A versión gratuita de QCAD dura uns 15 minutos, despois segue a funcionar pero elimínanse algunhas funcións que corresponden á versíón PRO (de pago). Pódese pechar a aplicación e volver a abrila as veces que se precise, co cal evítanse as limitacións. A versión actual de QCAD (3.16) ten moitas máis funcionalidades que o LibreCAD (2.1.2).
Tinkercad
Modelado de pezas sinxelas en Tinkercad |
Tinkercad é un CAD de deseño e modelado 3D da empresa Autodesk (os de AutoCAD). A particularidade de Tinkercad é que está dispoñible para ser empregado online, así que non hai que instalar nada no ordenador. Tinkercad funciona nun navegador (probado en Firefox), polo que é válido en calquera sistema operativo (Linux, Windows). Hai que rexistrarse (gratuito, pódese utilizar unha conta de Google).
Os obxectos deseñados pódense exportar en formato OBJ ou STL para despois imprimilos en 3D. Tamén se poden exportar en formato SVG, para corte láser, por exemplo.
NttCAD
NttCAD is a free 2D/3D CAD software, easy to use and multi-platform: it works on all operating systems (Microsoft Windows, Mac, linux...).It can be started offline or directly online from the browser without installation: see Online CAD (this software is written in java; if the JRE is not present on the system, the installer should start automatically).
The supported drawing formats are DXF (AutoCAD), SVG (Scalable Vector Graphics) and NTT (the NttCAD native format).
FreeCAD
openfablab, Fragment of automatic painting system. Modelo feito con FreeCAD. |
FreeCAD é unha aplicación CAD enfocada ao modelado paramétrico 3D. Un dos mellores no seu campo, cunha comunidade moi activa. Moi prometedor. A curva de aprendizaxe pode ser pronunciada.
Comentarios