O proceso creativo
Tero Vesalainen - Thought (CC0) |
O proceso de elaboración do cadro Le café, de Pierre Bonnard: ligazón.
Ligazóns a recursos na Rede sobre o proceso creativo.
- A creatividade require tempo (en inglés): video onde se explica que a creatividade non xurde por arte de maxia, senón que precisa dunha ferramenta fundamental, o tempo.
- Creativity: entrada na Wikipedia (en inglés).
ACTIVIDADE 1
Esta tarefa pretende buscar o teu lado máis creativo. Partindo de figuras simples, debes crear un debuxo complexo e atractivo visualmente.
Divide unha folla en catro partes iguais. En cada recadro traza unha figura, a mesma nos catro. Por exemplo, un triángulo, ou un rombo. Algo sinxelo. Pode ser un garabato tamén.
Mira a figura do primeiro recadro. Imaxina que a figura forma parte dun obxecto (unha máquina), dunha paisaxe, ou dunha persoa. Debuxa o que esteas imaxinando, aínda que che pareza que non ten moito sentido. Fai o mesmo coas outras figuras, inventando debuxos diferentes.
ACTIVIDADE2
O cadáver exquisito: propoñer a grupos de 3 ou 4 alumnos que fagan un debuxo colaborativo a cegas, como facían os surrealistas.
Exquisite Corpse (1928) |
Plega unha folla en catro partes iguais, facendo os 3 pliegues paralelos ao lado curto. A figura pódese debuxar en catro pasos: a cabeza, o torso, as pernas e os pés.
Cada participante engade a súa parte a un debuxo sen ver as contribucións anteriores, que están escondidas por dobraxe do papel. Os resultados son estrañas combinacións de imaxes. Os surrealistas produciron moitos debuxos. Artistas contemporáneos, coma os irmáns Chapman, tamén practicaron esta técnica creativa.
Jake & Dinos Chapman, Exquisite Corpse IV (2005) |