Leis da composición
Presentación na que se explican algunhas das máis coñecidas leis da composición, ilustradas con varios exemplos.
Ritmo
O ritmo é a repetición ou alternancia de elementos a distancias iguais (ritmo uniforme) ou con variacións graduais (gradación). O concepto de ritmo visual pode entenderse mellor se pensamos no ritmo na música. Na seguinte fotografía, titulada Rhythm, de Leo Hidalgo, apréciase claramente esta idea, conseguida mediante a repetición de elementos visuais.
Leo Hidalgo, Rhythm. Licenza: CC-BY.
O ritmo visual pode acadarse de varias formas. O modo máis sinxelo de facelo consiste na repetición de elementos visuais na composición, o que lle confire unha cadencia á imaxe. A repetición pode consistir nunha copia exacta de elementos, ou pode ser unha repetición máis sutil, que se aprecie na estrutura compositiva da imaxe.
Na fotografía titulada Shirt, de Dean Hochman, a estructura é de repetición, aínda que non se trata de copias exactas de elementos, xa que hai variacións nos grosores e curvaturas das liñas.
Tamén pode acadarse unha composición rítmica recorrendo á alternancia de elementos.
Outro tipo de ritmo é o ritmo progresivo ou gradual. Pode consistir no aumento (ou diminución) gradual do tamaño das formas positivas, ou ben no aumento (ou diminución) progresivo do tamaño dos espazos entre elas (formas negativas).
Bridget Riley, Hesitate (1964)
Ligazóns
Recursos na rede sobre a composición e as súas regras.La composición unidade didáctica para 4.º da ESO, por Lucía Álvarez, en educaciónplastica.net(en xullo de 2018 pechou wikispaces).- «La composición pictórica y el ritmo en la pintura» é unha unidade didáctica para 4.º da ESO, feita polo Departamento de Plástica do IES Vallecas-Magerit. Ten anos (é do 2005) pero o que conta segue sendo válido.
- «La composición plástica» é unha unidade didáctica creada por José Ignacio Argote. Propón 12 actividades.
Kandinsky, Composición VIII, 1923 |
Actividade 1
Utilizando sempre os mesmos elementos, realiza 3 composicións empregando distintas regras compositivas.
Materiais: cartolina de cor, papel de debuxo DIN-A4, tesoiras, escadro, cartabón, lapis de grafito, lapis de cores.
- Debuxa en cartolina as siluetas de varias formas sinxelas. Por exemplo: 4 botellas e 3 copas. O número total de elementos pode oscilar entre 5 e 8. Non fagas obxectos demasiado grandes, procura que ningún mida máis de 4 cm de altura.
- Recorta as formas debuxadas.
- Debuxa na túa lámina 3 rectángulos de 160 mm de base por 80 mm de alto.
- No primeiro deses rectángulos, fai unha composición coas siluetas recortadas empregando a SIMETRÍA APARENTE. Cando chegues a unha composición que che guste, marca co lapis de grafito o contorno de cada unha das siluetas sobre a lámina. Retira as siluetas de cartolina.
- No segundo rectángulo, fai unha segunda composición empregando a REGRA DOS TERZOS e os seus puntos de interese. Repasa os contornos a lapis.
- No terceiro rectángulo, fai a terceira composición, recorrendo ao concepto de DIRECCIONALIDADE, marcando unha ou dúas liñas de forza. Repasa os contornos a lapis.
- Retira as siluetas, e remata as tres composicións, dándolles cores, sombreados e/ou texturas, ambientando as composicións cun fondo, un mantel...
Actividade 2
1. Busca exemplos de pósters de películas ou cubertas de libros que empreguen as seguintes leis: simetría, direccionalidade, regra dos terzos. Dous exemplos de cada unha das leis.
2. Abre as imaxes en GIMP e debuxa sobre elas as liñas que consideres que explican a lei empregada.
3. Crea unha presentación en Drive e garda nela as imaxes. Ponlle unha portada.