Presentación na que se explican algunhas das máis coñecidas leis da composición, ilustradas con varios exemplos. Ritmo O ritmo é a repetición ou alternancia de elementos a distancias iguais (ritmo uniforme) ou con variacións graduais (gradación). O concepto de ritmo visual pode entenderse mellor se pensamos no ritmo na música. Na seguinte fotografía, titulada Rhythm , de Leo Hidalgo, apréciase claramente esta idea, conseguida mediante a repetición de elementos visuais. Leo Hidalgo, Rhythm . Licenza: CC-BY . O ritmo visual pode acadarse de varias formas. O modo máis sinxelo de facelo consiste na repetición de elementos visuais na composición, o que lle confire unha cadencia á imaxe. A repetición pode consistir nunha copia exacta de elementos, ou pode ser unha repetición máis sutil, que se aprecie na estrutura compositiva da imaxe. Na fotografía titulada Shirt , de Dean Hochman, a estructura é de repetición, aínda que non se trata de copias exactas de elementos, xa que