Publicacións

Perspectiva isométrica

Imaxe
A perspectiva isométrica é unha forma de debuxar obxectos dándolles sensación de volume. Faise sobre tres eixes (X, Y e Z) que se debuxan formando 120° entre si. Na imaxe da esquerda tes os eixes debuxados. Na dereita, tes debuxada a perspectiva isométrica dunha peza sinxela, con forma de L. Se lembras de Tecnoloxía as vistas dunha peza, estas chámanse alzado, perfil e planta. Na imaxe da peza en L, o alzado son as caras de cor amarela, o perfil é a cara cor ciano, e a planta son as caras de cor maxenta. Recordemos: PLANTA é o que se ve dende arriba, PERFIL esquerdo é o que se ve dende a esquerda, ALZADO é o que se ve de frente, mirando na dirección da frecha. TAREFA A tarefa consiste en debuxar nunha lámina catro pezas en perspectiva isométrica. PASOS 1. Vai á paxina web  http://www.educacionplastica.net/zirkel/pieza_iso3_00.html . Nesa páxina hai 12 pezas para debuxar na propia páxina. Podes mirar estes vídeos explicando como se fan as dúas primeiras: vídeo da peza n...

Cadeiras de deseño

Imaxe
Simon Berry, Badly designed chair As cadeiras son obxectos que, ao longo dos últimos 150 anos, centraron a atención dos deseñadores industriais. Estudando a evolución do deseño de cadeiras, temos unha visión moi precisa da Historia do Deseño de obxectos, dende que estes comezaron a producirse industrialmente ata a actualidade. TAREFA A túa tarefa consiste en facer un resumo visual con algunhas das cadeiras máis famosas da Historia do Deseño. PASOS 1. Imos ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=NkIW5owe54w . En poucos minutos dá un resumo bastante axeitado da evolucion das cadeiras na Historia do Deseño. 2. Busca información sobre CINCO das cadeiras que aparecen no vídeo: nome da cadeira, autor e data de creación. Teñen que ser de autores e de épocas diferentes. Estes son algúns dos termos que aparecen no vídeo (algúns están mal no vídeo): Panton, Jacobsen, Hormiga (Ant), Huevo (Egg), Gota (Drop), Thonet, Memphis, Aalto, Paimio, Eames, Bauhaus. As cadeiras que elixas deben apar...

Realización dun storyboard

Imaxe
Que é un storyboard? Consiste en plasmar un guión en debuxos. Os debuxos que se fan durante a planificación (preprodución) dun filme axudan moito na realización dunha película, como ilustra este exemplo dunha escena da película The Mummy , ou estoutro de Lord of the Rings . Partindo dun guión, fanse debuxos de cada un dos planos da película, antes de comezar a rodaxe. O storyboard é a forma de ver cada un dos planos que formarán parte da película, antes de empezar a filmación. Neste vídeo da canle Yo Soy de Cine tes máis información. Tipos de planos cinematográficos e angulacións de cámara Que é un plano ? É o trozo de película que transcorre dende que a cámara empeza a gravar ata que para. Cada vez que hai un corte, comeza outro plano.  Hai algúns planos sorprendentes, como este plano-secuencia da película Sede de mal , un só plano que dura máis de 3 minutos e que require dunha gran planificación. Tipos de plano, segundo o espazo que abarcan (de máis grande a máis peque...

Composición abstracta con polígonos regulares

Nunha lámina, debuxa un rectángulo de 220x160 mm. Dentro do rectángulo, debuxa 3 pentágonos regulares, de 35, 40 e 45 mm de lado respectivamente, creando con eles unha composición abstracta. Non borres os trazados auxiliares que empregues na construción dos pentágonos.  Unha vez feitos os pentágonos, repásaos a rotulador fino negro (con regra). Logo, decora e enche con liñas e formas abstractas o expazo exterior dos pentágonos. Non colorees nin debuxes nada dentro dos pentágonos. Emprega lapis de cores ou ceras no exterior das figuras.   Trazado do pentágono, dado o lado:  podes velo neste vídeo .

Proxecto: deseño dun envase

Imaxe
Deseña un envase para unha nova marca de auga mineral. O envase terá forma de tetraedro regular, de 10 cm de lado. Deseña o desenvolvemento, a cor, as letras, o símbolo ou imaxe de marca, o nome da bebida... Podes usar as letras e resto da imaxe dunha marca existente e modificalos para adaptala ao nome da túa bebida. Debuxa o proxecto: desenvolvemento, perspectiva cabaleira, imaxe de marca, memoria descriptiva e xustificativa. Constrúe unha maqueta en cartón. Fai fotos do proceso, hai que documentalo. Entrega Describe o teu deseño no cadro de texto. Fai tres fotos da maqueta con tres angulacións diferentes: picado, normal e contrapicado. Súbeas ao teu Google Drive e envía as ligazóns. ______________________________________________________ Busca información nas seguintes ligazóns: La Hora del Arte La Casa Cromática Packaging en SlideShare

Deseño gráfico: deseña a túa marca persoal

Imaxe
Agora que xa sabes que é un logotipo, un isotipo, un imagotipo e un isologotipo, vas crear unha proposta para unha marca moi especial: a túa propia marca persoal. Tes que facer o teu isologotipo , debe incluír o teu nome de pía e un símbolo ou icona, integrados. Farás dúas propostas. Coloca unha lámina en horizontal, faille as marxes ao redor e o recadro co nome, curso e data. Divide o espazo de debuxo cunha liña vertical, en dúas partes iguais. Debuxa en cada metade unha proposta. Unha delas será unha adaptación dunha marca coñecida pero co teu nome, a outra será un deseño totalmente orixinal. Valorarase que as dúas propostas sexan moi diferentes unha doutra. Non as fagas pequenas, aproveita o espazo que tes para debuxar. Dálles cor, rotuladores, acuarela...

Debuxando figuras imposibles

Imaxe
Vlad Alexeev, Bird in the Cage (2015) Unha figura imposible é un tipo de ilusión óptica. Consiste nunha imaxe dun obxecto, en apariencia ben construído, pero que, despois de observalo un rato, resulta evidente que sería imposible que existise na realidade. A natureza inquietante dos obxectos imposibles prodúcese por mor do noso desexo natural de interpretar debuxos en 2D como obxectos tridimensionais. É por iso que o debuxo dun cubo de Necker é máis probable velo como un cubo, máis que "dous cadrados conectados con liñas diagonais, un cadrado rodeado de figuras planas irregulares ou calquera outra figura plana". Actividade Debuxa nunha lámina dúas figuras imposibles e unha ilusión óptica. Colorea os debuxos para acentuar o efecto visual. Imos debuxar: un triángulo de Penrose, un Blivet, e unha ilusión de Ponzo. Comeza facendo as marxes e o recadro cos teus datos nunha lámina, e divídea en tres partes, segundo este modelo . Despois, debuxa en cada recadro...