Realización dun storyboard


Que é un storyboard? Consiste en plasmar un guión en debuxos. Os debuxos que se fan durante a planificación (preprodución) dun filme axudan moito na realización dunha película, como ilustra este exemplo dunha escena da película The Mummy, ou estoutro de Lord of the Rings. Partindo dun guión, fanse debuxos de cada un dos planos da película, antes de comezar a rodaxe. O storyboard é a forma de ver cada un dos planos que formarán parte da película, antes de empezar a filmación. Neste vídeo da canle Yo Soy de Cine tes máis información.

Tipos de planos cinematográficos e angulacións de cámara

Que é un plano? É o trozo de película que transcorre dende que a cámara empeza a gravar ata que para. Cada vez que hai un corte, comeza outro plano.  Hai algúns planos sorprendentes, como este plano-secuencia da película Sede de mal, un só plano que dura máis de 3 minutos e que require dunha gran planificación.

Tipos de plano, segundo o espazo que abarcan (de máis grande a máis pequeno):

GPX: gran plano xeral
PX: plano xeral
PE: plano enteiro
PA: plano americano
PM: plano medio
PMC: plano medio corto
PP: primeiro plano
PPP: primeirísimo primeiro plano
PD: plano detalle


Ángulos ou angulacións de cámara: vídeo.

Actividade: o storyboard dun videoclip

Moitos vídeos musicais son como mini películas: non só serven de acompañamento para a música, senón que contan pequenas historias. Nesta actividade, farás o storyboard dun vídeo musical que xa exista.

Busca en YouTube un vídeo musical que che guste. O vídeo debe ter interese visual, e variedade de planos. Nunha lámina DIN A4, en posición apaisada, debuxa 9 rectángulos de 80 x 50 mm, distribuídos en 3 filas, con 3 cadros por fila. Deixa arriba un espazo para poñer o título da canción e o nome do intérprete. Debuxa nos cadros os 9 primeiros planos do vídeo, debaixo de cada cadro indica o tipo de plano que se emprega e a angulación de cámara.

MOdelo
Modelo para o storyboard

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores