Proxecto: deseño dun envase
Deseña un envase para unha nova marca de auga mineral. O envase terá forma de tetraedro regular, de 10 cm de lado.
Deseña o desenvolvemento, a cor, as letras, o símbolo ou imaxe de marca, o nome da bebida... Podes usar as letras e resto da imaxe dunha marca existente e modificalos para adaptala ao nome da túa bebida.
Debuxa o proxecto: desenvolvemento, perspectiva cabaleira, imaxe de marca, memoria descriptiva e xustificativa.
Constrúe unha maqueta en cartón. Fai fotos do proceso, hai que documentalo.
Entrega
- Describe o teu deseño no cadro de texto.
- Fai tres fotos da maqueta con tres angulacións diferentes: picado, normal e contrapicado. Súbeas ao teu Google Drive e envía as ligazóns.
______________________________________________________
Busca información nas seguintes ligazóns:
Comentarios