Composición abstracta con polígonos regulares
Nunha lámina, debuxa un rectángulo de 220x160 mm. Dentro do rectángulo, debuxa 3 pentágonos regulares, de 35, 40 e 45 mm de lado respectivamente, creando con eles unha composición abstracta. Non borres os trazados auxiliares que empregues na construción dos pentágonos.
Unha vez feitos os pentágonos, repásaos a rotulador fino negro (con regra). Logo, decora e enche con liñas e formas abstractas o expazo exterior dos pentágonos. Non colorees nin debuxes nada dentro dos pentágonos. Emprega lapis de cores ou ceras no exterior das figuras.
Trazado do pentágono, dado o lado: podes velo neste vídeo.
Comentarios