Cadeiras de deseño


As cadeiras son obxectos que, ao longo dos últimos 150 anos, centraron a atención dos deseñadores industriais. Estudando a evolución do deseño de cadeiras, temos unha visión moi precisa da Historia do Deseño de obxectos, dende que estes comezaron a producirse industrialmente ata a actualidade.

TAREFA


A túa tarefa consiste en facer un resumo visual con algunhas das cadeiras máis famosas da Historia do Deseño.


PASOS


1. Imos ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=NkIW5owe54w. En poucos minutos dá un resumo bastante axeitado da evolucion das cadeiras na Historia do Deseño.

2. Busca información sobre CINCO das cadeiras que aparecen no vídeo: nome da cadeira, autor e data de creación. Teñen que ser de autores e de épocas diferentes. Estes son algúns dos termos que aparecen no vídeo (algúns están mal no vídeo): Panton, Jacobsen, Hormiga (Ant), Huevo (Egg), Gota (Drop), Thonet, Memphis, Aalto, Paimio, Eames, Bauhaus. As cadeiras que elixas deben aparecer no vídeo, obrigatoriamente.

3. Soporte: lámina DIN A4, colócaa en posición apaisada (horizontal). No centro da lámina, en grandes letras grosas, decoradas, e ben debuxadas, pon o título: «Deseño de cadeiras». Ao redor do título, debuxa ao teu xeito (a man alzada) as cadeiras elexidas. Distribúe, organiza e relaciona os debuxos para que a presentación chame a atención. Pon xunto a cada cadeira o seu nome, o autor do deseño e a data da creación. Técnicas: tinta, lapis de cor, rotuladores, ceras. É obrigatorio que haxa cores.

4. Cando remates, escanea a lámina e súbea á aula virtual, premendo en Engadir entrega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores