Linguaxe visual. Signo visual. Significante e significado.

Bruno Glätsch - Thumbs Up (CC0)

Signo


Un signo é calquera obxecto, imaxe, son, xesto... que representa outra cousa, ou serve para lembrala.

Exemplo: o puño pechado co polgar levantado é un signo, que indica que estamos de acordo, que a cousa vai ben, sentimentos positivos.


Signo visual


Dentro dos signos visuais, distinguimos entre símbolos e iconas.


Icona dunha copa de Martini.

Significante e significado

Os signos visuais podemos analizalos distinguindo entre o significante e o significado. Analicemos o exemplo da imaxe, un símbolo moi coñecido.
 
 
 https://senalestrafico.com/wp-content/uploads/2018/05/senal-vertical-reglamentaria-de-entrada-prohibida.png

 
Significante: un rectángulo branco dentro dun círculo bermello.

Significado: entrada prohibida, prohibido o paso.

O exemplo é moi básico, pero esta análise poderímos aplicala a calquera imaxe.




Estándares de aprendizaxe

EPVAB2.4.1. Distingue significante e significado nun signo visual.

 

Fontes para ampliar información



Publicacións populares deste blog

Texturas táctiles, texturas visuais

Debuxando figuras imposibles

Combinando cores