Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2023

Artistas galegas contemporáneas

Imaxe
Mulleres galegas que fan arte. Trátase de artistas que asentaron a súa carreira na segunda metade do século XX ou no presente século. Tamara Feijoo, La imagen fantasma 1 , 2016, papel/gofrado/esmalte sobre muro, 42 x 33 cm   Tamara Feijoo (Ourense, 1982) - web da artista Amaya González Reyes (Sanxenxo, 1979) - web en cargocollective Menchu Lamas (Vigo, 1954) - Exposición "Memoria del color" (catálogo en PDF ). Metrópolis dedicado a Menchu Lamas (2019). Celeste Garrido (Marín, 1982) - Ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. Exposición no MARCO.  Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) - "...construye situaciones a partir de textos, de la palabra escrita o hablada, del lenguaje y de los silencios."  Exposición no MARCO. Ana Pérez Ventura (Santiago, 1981) - web da artista , entrevista en Zig Zag Diario, cuadernos de artista (vídeo co proceso creativo dunha das súas obras).     MUSEOS E

A cor do feminismo

Imaxe
Hai varias teorías. A máis absurda é a que afirma que se escolleu esta cor porque o morado é o resultado da mestura do rosa e do azul. A teoría máis plausible, baixo o meu punto de vista, é a que ten a súa orixe na historia da Unión Social e Política de Mulleres de Inglaterra, que a principios do século XX adoptou as cores morada, branca e verde como sinal de identidade visual. Velaquí unha pequena presentación sobre o tema.    No Museo de Londres gárdanse moitos obxectos relacionados coas Suffragettes , entre eles unha medalla por unha folga de fame dunha delas, coa tricolor morada, branca e vermella. Por motivos aínda non moi craros, o verde e o branco despareceron, e nos 60 e 70 as feministas adoptaron o morado como símbolo e identidade visual.