Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2022

De hexágonos a cubos sombreados

Imaxe
    Neste exercicio:  practicaremos o debuxo de hexágonos regulares  transformaremos os hexágonos en cubos, dando a sensación de volume: aplicaremos diferentes valores, tanto de grises como de cor, empregando grafito e lapis de cores.

Unha composición suprematista

Imaxe
  Kazimir Malevich, Aeroplano voando (1915) O Suprematismo (en ruso: Супремати́зм) foi un movemento artístico de principios do século XX.  Desenvolvido en Rusia entre 1913 e a década dos 20, o suprematismo foi un dos movementos de vangarda que xurdiron na época da Primeira Guerra Mundial e da Revolución Soviética.  Centrándose na expresión do sentimento puro a través de formas xeométricas sinxelas como cadrados, círculos, rectángulos e liñas, os artistas do Suprematismo crearon obras de arte nas que estas formas se pintaban utilizando unha gama de cores moi restrinxida. O termo suprematismo refírese a unha arte abstracta baseada na "supremacía do sentimento artístico puro", rexeitando a representación visual de obxectos. Kazimir Malevich inventou o Suprematismo: "En 1913, intentando desesperadamente liberar a arte do lastre do mundo da representación, busquei refuxio na forma do cadrado".   Olga Rozanova, Non Objective Composition Suprematism (1916)  

Letras raiadas

Imaxe
  Deseña as túas iniciais con rectas paralelas, usando escuadro e cartabón.   Instrucións 1. Debuxa 3 rectángulos de 100x60 mm, separados 20 mm. 2. Debuxa a lapis as túas iniciais, con regra, e compás se o necesitas. 3. Enche cada letra con paralelas, separadas 4 mm entre elas. A primeira, con horizontais, a segunda con verticais, e a terceira con liñas a 45 graos. 4. Repasa as rectas co rotulador Pigment Liner. 5. Enche as franxas entre rectas con cores. Emprega 3 cores diferentes, alternas, marcando un ritmo A-B-C-A-B-C-...